Saltar ao contido

Comisión Nacional do Mercado de Valores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Comisión Nacional do Mercado de Valores
Logotipo
Imaxe
Implicados
 Presidente/a
Carlos San Basilio Pardo xaneiro de 2024 Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
1988 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/0bbw_9n Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Comisión Nacional do Mercado de Valores, coñecido abreviadamente polas siglas CNMV (en castelán, Comisión Nacional del Mercado de Valores) é un organismo dependente da Secretaría de Estado de Economía y Apoyo a la Empresa do Ministerio de Economía. Fundado en 1988, é o encargado da supervisión dos mercados de valores en España.

Obxectivo e funcións

[editar | editar a fonte]

O seu obxectivo é velar pola transparencia destes mercados e a correcta formación de prezos nos mesmos, así como a protección dos investidores. No exercicio destas competencias recibe un importante volume de información, gran parte da cal está contida nos seus rexistros oficiais e é de carácter público.

A acción da CNMV como órgano de control céntrase principalmente sobre:

  • as sociedades que emiten valores para seren colocados de forma pública no mercado primario,
  • os mercados secundarios de valores,
  • as empresas que prestan servizos de investimento e as institucións de investimento colectivo.

Sobre eles a Comisión exerce unha supervisión de carácter prudencial buscando garantir a seguridade das súas transaccións e a solvencia do sistema. Tamén a través da Axencia Nacional de Codificación de Valores, asigna o código ISIN con validez internacional a todas as emisións de valores que se realizan en España.

Presidentes da CNMV

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]