MasterChef (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

MasterChef
Formato Concurso Gastronómico
Creado por Franc Roddam
Presentado por Eva González (2013-2019)

Jordi Cruz (2019-actualidade)

Cadea La 1
Día da estrea 10 de abril de 2013
Nº de temporadas 8

Na rede
http://www.rtve.es/television/masterchef/
IMDB: tt2835906 Facebook: masterchefespana Twitter: MasterChef_es Instagram: masterchef_es Editar o valor em Wikidata

MasterChef é un programa de televisión gastronómico español que busca o mellor cociñeiro afeccionado de España. O formato está baseado nun espazo de televisión británico de cociña co mesmo título. A produción do programa corre a cargo de Televisión Española en colaboración con Shine Iberia. Estreouse en La 1 o 10 de abril de 2013. O reality está conducido por Jordi Cruz, mentres que Jordi Cruz, Samantha Vallejo-Nágera e Pepe Rodríguez son os xefes de cociña que xulgan os pratos dos aspirantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Só quince elixidos, de entre as 9.000 persoas que se presentaron ao casting da primeira edición, competiron polo título de MasterChef España.[1]

O gañador recibiu un premio de 100.000 euros en metálico, a publicación dun libro coas súas receitas e unha formación na escola de alta cociña en Le Cordon Bleu (durante a primeira e a segunda edición) e no Basque Culinary Center (a partir da terceira edición).[2][3]

Ás probas de selección, cooordinadas pola directora de casting de Shine Iberia, Esther González, e iniciadas o 4 de febreiro de 2013 en cinco comunidades autónomas do país, presentáronse profesionais de todo tipo, dende altos executivos até amas de casa ou obreiros da construción. A todos os candidatos uníaos a súa paixón por cociñar. Debían ser cociñeiros afeccionados pero «moi cualificados» en todos os casos, aínda que non traballaran no mundo da cociña.[4]

Produción[editar | editar a fonte]

A versión española de MasterChef foi filmada nos Estudios Buñuel (nas dúas primeiras edicións) e dende Fuente el Saz de Jarama (onde se graba dende a terceira edición).

O programa está producido por Televisión Española en colaboración coa produtora Shine Iberia.[2][5] A raíz do éxito colleitado a nivel internacional, este espazo de cociña foi distribuído a diferentes canles de televisión de trinta e sete países dos cales cento cuarenta e cinco emitírono.[2][5]

Formato[editar | editar a fonte]

Durante o programa, transcorren unha serie de probas ás que os aspirantes deben enfrontarse para demostrar que son os mellores. Cabe indicar que os concursantes teñen un tempo determinado para realizar todas as probas, no que deben cociñar o menú e telo emplatado, e unha vez finalizado non poderán modificar os pratos. Os aspirantes teñen 3 minutos para abastecerse dos ingredientes que poidan necesitar para cociñar do supermercado nas probas de interior. As probas ás que terán que facer fronte os concursantes son:

  • Caja misteriosa (proba inicial): Os concursantes recibirán un ou máis ingredientes que deben utilizar no prato a cociñar dalguhna forma, ben ao seu estilo, ou ben seguindo as indicacións ou consellos que dera o xurado. Unha vez terminado o tempo os xuíces «deliberan» e os dous ou tres mellores pratos serán os capitáns da seguinte proba. O mellor aspirante será recompensado dalguhna forma, xeralmente coa inmunidade, asegurándose a súa permanencia no concurso unha semana máis.
  • Prueba por equipos: Esta proba realizarase fora das cociñas de Masterchef, xeralmente para cociñar para personalidades públicas ou recoñecidas. Os concursantes divídense en dous equipos, vermello e azul, e o capitán de cada un debe escoller aos integrantes e o menú a cociñar, empezando o mellor da proba inicial. Os concursantes terán que cociñar de forma organizada para lograr sacar todos os pratos a tempo. O equipo peor valorado terá que enfrontarse á proba de eliminación.
  • Prueba de eliminación: O equipo ou os concursantes que mellor o fixeran na proba anterior estarán exentos desta proba e observarán aos compañeiros que perderan. Os concursantes perdedores deberán cociñar a receita que indique o xurado. O xurado deliberará e o dono/a do peor prato abandonará o programa definitivamente. Cabe mencionar que o xurado pode enviar a calquera aspirante directamente a esta proba en calquera momento do programa a modo de sanción, ben sexa por presentar un prato mal elaborado ou por facer algo que incumpla as normas do programa.
  • Prueba de presión (proba inicial): É a proba máis dura. Unha ou varias estrelas importantes da cociña visitará o programa, enseñaralles unha das súas creacións mestras e terana que reproducir da maneira máis fidedigna posible á orixinal seguindo as indicacións e os pasos do mestre.
  • Reto creativo (proba inicial): Os aspirantes serán limitados a usar úns ingredientes, e con eles deberán cociñar o prato que decidan, tratando de que os ingredientes propostos combinen de forma adecuada. O xurado pode darlles indicacións.

Equipo[editar | editar a fonte]

Presentadora[editar | editar a fonte]

Cadea La 1
Edición 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
Ano 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Eva González
Modelo e presentadora

Xurado[editar | editar a fonte]

As elaboracións dos concursantes son valoradas por un xurado profesional composto por tres chefs, véndose en ocasións reforzado polos invitados do programa.

Cadea La 1
Edición 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
Ano 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Pepe Rodríguez
Chef do restaurante El Bohío, en Illescas
Jordi Cruz
Chef do restaurante ABaC, en Barcelona
Samantha Vallejo-Nágera
Propietaria do cáterin Samantha de España

Tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada N.º de programas Participantes Estrea Final Gañadores Audiencia media
Espectadores Cota
1 13 15 10 de abril de 2013 2 de xullo de 2013 Juan Manuel Sánchez 3 421 000 18,3%
2 15 9 de abril de 2014 23 de xullo de 2014 Vicky Pulgarín 3 189 000 19,0%
3 13 16 7 de abril de 2015 30 de xuño de 2015 Carlos Maldonado 3 090 000 18,6%
4 6 de abril de 2016 29 de xuño de 2016 Virginia Naranjo 3 071 000 19,7%
5 16 de abril de 2017 28 de xuño de 2017 Jorge Brazález 2 495 000 17,5%
6 15 22 de abril de 2018 9 de xullo de 2018 Marta Verona 2 528 000 18,9%
7 16 26 de marzo de 2019 25 de xuño de 2019 Aleix Puig 1 847 000 15,0%
8 18 13 de abril de 2020 6 de xullo de 2020 Ana Iglesias 2 932 000 23,1%
9 16 13 de abril de 2021 13 de xullo de 2021 Arnau París 1 638 000 15,2%
10 18 de abril de 2022 18 de xullo de 2022 María Lo 1 642 000 14,6%
11 25 26 27 de marzo de 2023 19 de xuño de 2023 Eneko Fernández 1 349 000 13,3%
Total 132 159 10 de abril de 2013 19 de xuño de 2023 2 821 000 18,8%

Especiais[editar | editar a fonte]

O 23 de decembro de 2014 emitiuse un especial de Nadal cheo de reencontros, maxia, emoción e as mellores receitas de Nadal cos exconcursantes Juan Manuel, Eva, Fabián, Maribel, Vicky, Mateo, Cristóbal e Churra das dúas primeiras edicións ordinarias, e Mario, Ana Luna, Esther e Aimar, da primeira edición de MasterChef Junior. Os aspirantes enfrontáronse, individualmente e por parellas, a tres retos, doando os gañadores de cada proba o premio a unha obra social. En total repartíronse 6.000 euros. Foi presentado por Eva González e os tres membros do xurado Pepe Rodríguez, Jordi Cruz e Samantha Vallejo-Nágera, a cal ademais mostrou trucos sinxelos para vestir a mesa e gozar dunha comida elegante e con estilo. Acudiron os chefs Kiko Moyá, Carles Abellán e Toño Pérez, dando ideas aos aspirantes para crear os pratos perfectos para un menú de Nadal.[6] Contou cunha audiencia de 2.330.000 espectadores e un 13% de cota de pantalla.

MasterChef 1 (2013)[editar | editar a fonte]

Xurado[editar | editar a fonte]

Xurado Lugar de residencia Profesión
Pepe Rodríguez Castela-A Mancha Toledo Cociñeiro e xefe de cociña do restaurante «El Bohío» en Illescas, Toledo
Jordi Cruz Cataluña Barcelona Cociñeiro e xefe de cociña do restaurante «ABaC» de Barcelona
Samantha Vallejo-Nágera Comunidade de Madrid Madrid Presentadora de El toque de Samantha e propietaria de «Samantha Cátering».

Concursantes[editar | editar a fonte]

Concursantes[7] Lugar de procedencia Idade Ocupación Duración Información
España Juan Manuel Sánchez Reche Andalucía Almería 25 Camareiro 83 días Gañador[8]
España Eva Micaela Millán Andalucía Córdoba 32 Bióloga 83 días 2ª finalista
España Fabián León Illas Baleares Palma de Mallorca 18 Estudante 83 días 3º finalista
España José David Moliner Valencia 33 Enxeñeiro Informático 76 días 13º expulsado
España Maribel Gil Castelló de la Plana 59 Ama de casa 69 días 12ª expulsada
España José Antonio Cerezo Aragón Teruel 37 Soldador 62 días 11º expulsado
España Clara Pérez Villalón Comunidade de Madrid Madrid 22 Estudante 55 días 10ª expulsada
España María de la Fuente Andalucía Córdoba 23 Esteticista 48 días 9ª expulsada
España José Luis Navarra Pamplona 58 Policía Foral 41 días 8º expulsado
España Noé Carmona Andalucía Córdoba 32 Revenue Manager 41 días 7º expulsado
España Santiaga Muñoz Castela-A Mancha Cidade Real 52 Ama de casa 13 días / 1 día 3ª expulsada / 6ª expulsada
España Efrén Álvarez Galicia Lugo 24 Estudante 27 días 5º expulsado
España Nati Kaa Sánchez Bilbao 42 Administrativa 20 días 4ª expulsada
España Juanma Villar Comunidade de Madrid Madrid 48 Empresario 7 días 2º expulsado
España Paloma Ayensa Comunidade de Madrid Madrid 22 Estudante 1 día 1ª expulsada

MasterChef 2 (2014)[editar | editar a fonte]

Xurado[editar | editar a fonte]

Xurado Lugar de residencia Profesión
Pepe Rodríguez Castela-A Mancha Toledo Cociñeiro e xefe de cociña do restaurante «El Bohío» en Illescas, Toledo
Jordi Cruz Cataluña Barcelona Cociñeiro e xefe de cociña do restaurante «ABaC» de Barcelona
Samantha Vallejo-Nágera Comunidade de Madrid Madrid Presentadora de El toque de Samantha e propietaria de «Samantha Cátering».

Concursantes[editar | editar a fonte]

Concursantes Lugar de procedencia Idade Ocupación Duración Información
España Vicky Pulgarín Illas Baleares Mallorca 31 Carniceira en paro 91 días Gañadora[9]
España Mateo Sierra Aragón Huesca 20 Estudante de Historia da Arte 91 días 2° finalista
España Cristóbal Gómez Andalucía Granada 33 Camareiro 49 días / 21 días 8º expulsado / 3° finalista
España Emil Samper Cataluña Barcelona 44 Realizador de publicidade 84 días 13° expulsado
España Lorena Ruiz Andalucía Málaga 39 Enxeñeira de son e DJ 35 días / 14 días 6ª expulsada / 12ª expulsada
España Cristina Romero Comunidade de Madrid Madrid 46 Empresaria 70 días 11ª expulsada
España Milagrosa Gavilán Andalucía Xerez da Fronteira 51 Dependenta 63 días 10ª expulsada
España Marina Rodríguez Negro Illas Baleares Mallorca 46 Asistente de dirección 56 días 9ª expulsada
España Gonzalo Ribot Comunidade de Madrid Madrid 48 Profesor de ioga 56 días Abandono voluntario
España Celia Lastres Comunidade de Madrid Madrid 27 Técnico de radioterapia 42 días 7ª expulsada
España Jorge Cuéllar Castela e León Segovia 36 Doctor en Bioloxía molecular 28 días 5º expulsado
España Miguel Ángel Martínez Comunidade de Madrid Madrid 41 Oficial funerario 21 días 4º expulsado
España Churra Costa Galicia Pontevedra 71 Ama de casa 14 días 3ª expulsada
España Daniel Díez Valencia 34 Arquitecto 7 días 2º expulsado
España Lola Hidalgo Andalucía Córdoba 22 Estudante de Ciencias Ambientais 1 día 1ª expulsada

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ano Galardón Categoría Resultado
2013[10] Premios da Crítica do FesTVal Mellor programa interesante Gañador
2013[11] Premios Ondas Mellor programa de entretemento Gañador
2013[12] Lovie Awards Mellor programa de televisión Gañador
2014[13] Premios Zapping Mellor programa de entretemento Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (1 de febreiro de 2013). FormulaTV, ed. "'MasterChef' inicia este lunes su casting de entre 8.000 candidatos presentados". Consultado o 19 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 20 minutos, ed. (10 de abril de 2013). "TVE estrena su concurso de talentos al fogón: 'MasterChef'". Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  3. lcbmadrid.com (ed.). "Le Cordon Bleu Madrid participa en la edición española de MasterChef". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  4. HoyCinema, ed. (1 de febreiro de 2013). "Arrancan los castings de "Masterchef" para buscar al mejor cocinero amateur de España". Vocento. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2013. Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Migelez, Xabier (8 de abril de 2013). Fórmula TV, ed. "Montse Abbad: "La producción mixta de 'MasterChef' nos ha permitido trabajar con un presupuesto abordable"". Noxvo, S.L. Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  6. Celebra la Navidad con MasterChef
  7. "Concursantes de MasterChef". 11 de abril de 2013. Consultado o 21 de abril de 2013. 
  8. Macías, Fernando (3 de xullo de 2013). RTVE, ed. "Juan Manuel álzase co título de primeiro MasterChef de España". CRTVE. Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  9. FórmulaTV, ed. (23 de xullo de 2014). "Vicky, gañadora de MasterChef 2". 
  10. Redacción (30 de xullo de 2013). Fórmula TV, ed. "'MasterChef', 'Tu cara me suena', 'La voz', 'Pesadilla en la cocina' e 'laSexta noche', premios do FesTVal". Madrid: Noxvo Editorial. Consultado o 12 de xaneiro de 2014. 
  11. Redacción (30 de outubro de 2013). Fórmula TV, ed. "'MasterChef', Wyoming, Piqueras, 'Salvados', Pepe Viyuela, Michelle Jenner, Premios Ondas 2013". Madrid: Noxvo Editorial. Consultado o 12 de xaneiro de 2014. 
  12. Redacción (15 de outubro de 2013). RTVE, ed. "Os Lovie Awards premian o interactivo Masterchef cunha medalla e o premio do público". Madrid: CRTVE. Consultado o 16 de decembro de 2014. 
  13. Redacción (7 de marzo de 2014). La Vanguardia, ed. "'Días de cine', 'Masterchef" e 'Oh happy day', premios Zapping". Axencia EFE. Barcelona: Grupo Godó. Consultado o 16 de decembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]