Juan Manuel Urgoiti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Manuel Urgoiti
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
9 de abril de 2003Democracia sen rabia Editar o valor em Wikidata

Juan Manuel Urgoiti López de Ocaña, nado en Madrid o 16 de novembro de 1939, é un empresario e filántropo español residente en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira empresarial no Banco de Vizcaya en 1962. Medrou nos postos do banco e pasou a finais da década dos setenta a ser director xeral da entidade, despois conselleiro director xeral (1984) e despois conselleiro delegado en 1986. Dous anos despois o Banco de Vizcaya desaparece ao fusionarse co Banco de Bilbao e pasa a ser conselleiro delegado da entidade resultante, o Banco Bilbao Vizcaya.

A comezos da década dos noventa abandona a entidade bancaria vasca e inicia un periplo por cargos de responsabilidade noutras empresas financeiras, como o Ahorrobank, o Banco de Crédito Canario ou o Banco Occidental, así como de firmas do sector farmacéutico, como Laboratorios Delagrange ou Antibióticos SA. Pero tamén neses anos empeza a súa relación con Galicia ao ser nomeado conselleiro independente de Inditex en 1993, posto para o que foi revalidado pola xunta xeral de accionistas da entidade en catro ocasións, a última delas en 2010.

A súa conexión con Galicia continuou nos seguintes anos, pois foi designado presidente do Banco Gallego, vicepresidente da eléctrica Acciona, presidente da Fundación Gaiás-Cidade da Cultura e da Fundación José Antonio de Castro. En 2013 foi designado presidente de Pescanova no marco da forte crise da entidade viguesa[1].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]