Saltar ao contido

Astilleros Armón Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astilleros Armón Vigo
TipoSociedade anónima
Fundación1999
LocalizaciónVigo
Persoas claveLaudelino Alperi (CEO)
IndustriaConstrución naval
ProdutosBuques
Número de empregadosEntre 50 e 100
Na rede
http://www.astillerosarmon.com/es//
editar datos en Wikidata ]

Astilleros Armón Vigo é un estaleiro galego situado no barrio de Coia, na cidade de Vigo. A súa actividade é o deseño, construción, transformación e reparación de buques de casco de aceiro de até 120 m de eslora e 18 m de manga.

O estaleiro foi fundado no ano 1999, ocupando as instalacións do desaparecido estaleiro Construcciones Navales Santodomingo, no barrio vigués de Coia, integrado no grupo naval asturiano Astilleros Armón, grupo empresarial que comprende outros estaleiros e diversas factorías nas localidades de Burela, Xixón, Navia, Coaña, Porto de Veiga (Navia) e na localidade arxentina de Comodoro Rivadavia.[1]

Desde a súa inauguración o estaleiro construíu buques anualmente, tanto para armadores españois coma estranxeiros.[2][3][4]

En novembro do ano 2017 o estaleiro acadou un contrato coa armadora Nueva Pescanova para a construción de sete buques pesqueiros por un importe de 42,5 millóns de euros, o que supón o maior encargo de construción naval realizado por unha empresa pesqueira española da historia.[5] Dos sete buques, catro se construirían na factoría de Vigo, mentres que os outros tres serían construídos nas instalacións de Burela.

Instalacións

[editar | editar a fonte]

Astilleros Armón Vigo conta cunha factoría de 15 000 . Nestas instalacións encóntranse: 1 grade cuberta de até 120 m, 1 grade con capacidade de 70 m, 1 molle de armamento de 180 m, taller de calderaría, guindastres móbiles, guindastres-ponte, autoguindastres, oficina técnica, centro de corte de chapa, etc.[6]

Astilleros Armón Vigo dedícase á fabricación de buques de gran tonelaxe, especializándose principalmente na construción dos seguintes tipos de buques: buques de carga (asfalteiros, cargueiros e portacontedores), buques escola, oceanográficos e de investigación, offshore e supplies, pesqueiros (arrastreiros, atuneiros, maciceiros e palangreiros), remolcadores, remolcadores de altura, etc.

Outra das actividades importantes do estaleiro, á parte das novas construcións, é a reparación e transformación de todo tipo de buques e embarcacións.

Certificacións de calidade

[editar | editar a fonte]

O estaleiro actualmente está en posesión dos seguintes certificados de calidade: ISO 9001, ISO 14001 e a OHSAS 18001.[7]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • No ano 2012, o oceanográfico Ángeles Alvariño construído por Astilleros Armón Vigo, conseguiu o terceiro lugar no concurso "Buques Destacados", organizado anualmente polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e a Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España.[8]

Buques destacados

[editar | editar a fonte]
  • Arrastreiro Ponta Matirre: encargado pola armadora Nueva Pescanova, botado no ano 2019.[9]
  • Arrastreiro Lalandii: encargado pola armadora Nueva Pescanova, botado no ano 2019.[10]
  • Arrastreiro José Marcelo: encargado pola armadora Moscuzza da Arxentina, botado no ano 2018.[11]
  • Arrastreiro Graciela I: encargado pola armadora Moscuzza da Arxentina, botado no ano 2018.
  • Oceanográfico Svea: encargado pola Universidade de Ciencias Agrícolas de Suecia, botado no ano 2018.[12]
  • Arrastreiro Oshiveli: encargado pola armadora Tunacor de Namibia, botado no ano 2018.[13]
  • Palangreiro Eclipse Tres: encargado pola armadora Augadoce de España, botado no ano 2017.[14]
  • Palangreiro Costa Azul Dos: encargado pola armadora Jaldamar de España, botado no ano 2017.[15]
  • Arrastreiro José Américo: encargado pola armadora Moscuzza da Arxentina, botado no ano 2017.[16]
  • Oceanográfico BIP Víctor Angelescu: encargado polo Instituto Nacional de Investigación y Desarrollo Pesquero (Inidep) da Arxentina, botado no ano 2017.[17]
  • Maciceiro Haizea Sei: encargado pola armadora Albacora de España, botado no ano 2017.[18]
  • Hidrográfico ACR Roncador: encargado pola Armada Nacional de Colombia, botado no ano 2016.[19]
  • Remolcador Ibaizabal Doce: encargado pola armadora Remolcadores Ibaizabal de España, botado no ano 2016.[20]
  • Maciceiro Haizea Lau: encargado pola armadora Albacora de España, botado no ano 2016.[21]
  • Atuneiro El Duque: encargado pola armadora Hersea S.A. de México, botado no ano 2015.[22]
  • Remolcador de altura Alice One: encargado pola armadora Remolcadores Ibaizabal de España, botado no ano 2015.[23]
  • Atuneiro Titis: encargado pola armadora Pesca Azteca de México, botado no ano 2014.[24]
  • Atuneiro Camila: encargado pola armadora Pesca Azteca de México, botado no ano 2014.[25]
  • Oceanográfico BIPO Inapesca: encargado por el Instituto Nacional de Pesca (INAPESCA) de México, botado no ano 2014.[26]
  • Anclero Kolga: encargado pola armadora Heerema dos Países Baixos, botado no ano 2013.[27]
  • Ancleiro Bylgia: encargado pola armadora Heerema dos Países Baixos, botado no ano 2013.[28]
  • Offshore Esvagt Stavanger: encargado pola armadora Esvagt de Dinamarca, botado no ano 2012.[29]
  • Oceanográfico Ángeles Alvariño: encargado polo Instituto Español de Oceanografía, botado no ano 2012.[30]
  • Oceanográfico Ramón Margalef: encargado polo Instituto Español de Oceanografía, botado no ano 2011.[31]
  • Remolcador de altura Rigel: encargado pola armadora Cattaruzza de Italia, botado no ano 2011.[32]
  • Remolcador de altura Baltic: encargado pola armadora Fairplay de Alemaña, botado no ano 2010.[33]
  • Offshore A.H. Valletta: encargado pola armadora Finarge Armamento Genovese de Italia, botado no ano 2010.[34]
  • Arrastreiro Ocean Venture II: encargado pola armadora Neil Minihane de Irlanda, botado no ano 2009.[35]
  • Buque escola, oceanográfico e científico Intermares: encargado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de España, botado no ano 2009.[36]
  • Arrastreiro Rossoren: encargado pola armadora Neil Minihane de Irlanda, botado no ano 2008.[37]
  • Asfalteiro Lagan: encargado pola armadora J&L Shipping Ltd. de España, botado no ano 2008.[38]
  • Portacontedores Finita R: encargado pola armadora Naviera de Galicia S.A. (NAVIGASA) de España, botado no ano 2008.[39]
  • Portacontedores Manuela E: encargado pola armadora Naviera de Galicia S.A. (NAVIGASA) de España, botado no ano 2007.[40]
  • Atuneiro Parsian Shila: encargado pola armadora Salem Chabhar products Food Ltd. de Irán, botado no ano 2006.[41]
  • Palangreiro Gloria F (posteriormente Ecce Homo Glorioso): encargado pola armadora Mar de Islandia S.L. de España, botado no ano 2006.
  • Remolcador Miguel de Cervantes: encargado pola Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima de España, botado no ano 2005.[42]
  • Remolcador Luz de Mar: encargado pola Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima de España, botado no ano 2005.[43]
  • Palangreiro Glacial: encargado pola armadora Gemma María, S.L. de España, botado no ano 2005.[44]
  • Palangreiro Nuevo Pleamar: encargado pola armadora Pesquerías Xesteira S.L. de España, botado no ano 2004.[45]
  • Arrastreiro Eirado do Costal: encargado pola armadora Pesquerías Tara, S.A. de España, botado no ano 2004.[46]
  • Atuneiro Gerard Luc IV: encargado pola armadora Jean Luc Buono de Francia, botado no ano 2002.[47]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Grupo naval español instalaría un astillero en Comodoro Rivadavia". El Diario de Madryn. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  2. "Armón Vigo 1999". Astilleros Armón. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  3. "ASTILLEROS ARMON VIGO". Sector naval gallego. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2018. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  4. M. S. D. (20 de marzo de 2010). "El grupo de astilleros Armón presenta un plan de rescate para la filial de Vulcano en Gijón". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de setembro de de 2019. 
  5. Graña, Lara (23 de novembro de 2017). "Pescanova adjudica a Armón la construcción de los siete pesqueros". Faro de Vigo (Prensa Ibérica). Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  6. Llera, Luis Carlos (27 de marzo de 2019). "Armón Vigo construirá un ferri para Tahití que entregará en dos años". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  7. "Garantía". Astilleros Armón. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  8. Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos de España (24 de xuño de 2018). "3º Clasificado 2012". Ingenieros Navales. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  9. Sío Dopeso, Manuela (6 de xullo de 2019). "Nueva Pescanova pone en el agua el segundo de 7 nuevos pesqueros para Mozambique y Namibia". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  10. Redacción (9 de marzo de 2019). "Armon bota el pesquero "Lalandii"". Atlántico Diario (Rías Baixas Comunicación). Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  11. Amoedo, Adrián (21 de decembro de 2018). "Armón bota otros dos barcos para la argentina Moscuzza". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  12. "Armón Vigo bota el "Svea", el nuevo oceanográfico para la universidad sueca SLU". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  13. "Armón bota el arrastrero de Tunacor e inicia el segundo oceanográfico para Argentina". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  14. "Armón Vigo bota un palangrero para un armador español". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  15. "Armón Vigo bota un palangrero para una armadora de Ribeira". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  16. "Moscuzza incorporará el "José Américo" a su flota". pescare.com.ar. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  17. "El mayor oceanográfico de Argentina se estrena en aguas de la ría de Vigo". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  18. "Macicero HAIZEAI SEI construido por Astilleros ARMON". Industria naval gallega. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  19. "Armón Vigo ultima la entrega del buque hidrográfico más moderno de Colombia". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  20. "Armón Vigo prepara la entrega del remolcador "Ibaizabal Doce"". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  21. ""HAIZEA LAU" IMO 9784805 matricula de Port Victoria (Capital de las islas Seychelles)". Industria naval gallega. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  22. "El atunero "El Duque", de Armón Vigo, inicia sus pruebas de mar". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  23. "Armón Vigo avanza en las pruebas de mar del "Alice One"". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  24. "Entrega oficial del atunero mexicano Titis ARMON VIGO V089". Industria naval gallega. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  25. "Armón bota el primero de los atuneros encargados por México". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  26. "Astilleros Armón Vigo construye para México su primer buque científico". El País. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  27. Carneiro, José (30 de abril de 2013). "Armón Vigo bota el casco del segundo anclero de Heerema para avanzar en los atuneros". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  28. "Armón inicia las obras del primero de los dos buques atuneros que hará en Vigo". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  29. "Pruebas de mar del buque sísmico danés "Esvagt Stavanger"". Word Press. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  30. Carneiro, José (25 de febreiro de 2012). "Armón Vigo bota el buque oceanográfico "Ángeles Alvariño", que completa la flota regional del IEO". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  31. "Botadura del B/O Ramón Margalef". Youtube. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  32. "Remolcador de altura RIGEL construido en los astilleros de la Ria de Vigo". Youtube. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  33. "Botaduras por astillero y trimestre 2010". observatorio.aclunaga.es. Arquivado dende o orixinal o 06/02/2016. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  34. "A.H. VALLETTA - A.H.T.S. DE ULTIMA GENERACION". navaltecno.blogspot.com.es. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  35. "Ocean Venturer II". progener.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2018. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  36. García Machuca, Carlos (13 de xaneiro de 2009). "Armón bota un buque de cooperación en pesca para terceros países por 21 millones". Faro de Vigo. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  37. "Buque arrastrero "FV Rossoren" construido por Astilleros Armon de Vigo". Industria naval gallega. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  38. "Lagan, buque asfaltero de nueva generación". delamarylosbarcos.wordpress.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  39. "FINITA R - IMO 9400162". shipspotting.com. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  40. ""Manuela E": Buque multipropósito Astilleros Armón Vigo". spanishispotters.blogspot.com.es. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  41. "PARSIAN SHILA - IMO 9404285". shipspotting.com. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  42. "Miguel de Cervantes". astillerosarmon.com/es. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  43. "Luz de Mar". astillerosarmon.com/es. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  44. "Glacial". astillerosarmon.com/es. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  45. "Nuevo Pleamar - IMO 9329057". shipspotting.com. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  46. "Eirado Do Costal - IMO 9265328". shipspotting.com. Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  47. "GÉRARD LUC IV - IMO 9251482". shipspotting.com. Consultado o 10 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]