Antonio Neira de Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Neira de Mosquera")
Portada do num. 2 de El Recreo Compostelano, 26 de xaneiro de 1842.

Antonio Neira de Mosquera, nado en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 1823 e finado na Coruña o 9 de xullo de 1854, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos iniciadores do rexurdimento literario galego. Colaborou nos periódicos Revista de Galicia, El Recreo Compostelano xunto a Antolín Faraldo e La Situación de Galicia co pseudónimo de doctor Malatesta. Fundou e dirixiu El Eco de Galicia.

Estreou na Coruña con éxito o drama La razón de la sinrazón. Trasladouse a Madrid en 1846 e foi redactor de El Tío Vivo (1845), El Imparcial e El Censor de Prensa. Colaborou no Semanario Pintoresco Español con artigos sobre Galicia que lle serviron de base para as Monografías de Santiago, colección de cadros históricos, políticos, costumistas, de arte, tradicións e lendas. Escribiu estudos históricos, políticos e literarios sobre a instrución pública en España. É autor da novela romántica Un ángel caído, posible biografía de Mariano José de Larra. Figura en Los españoles pintados por sí mismos con "El gaitero gallego", ao que describe como un narrador de contos e alcahuete de amores difíciles, animador de misa e romarías, nunca falta en festas patronais, vodas e magosto. Foi membro da Real Academia da Historia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El día 24 de julio de 1840, 1840.
  • El Moribundo, 1841.
  • La marquesa de Camba, 1842.
  • Infracción periodística, 1843.
  • La Marquesa de Camba y Rodeiro, 1845.
  • Las ferias de Madrid, 1848.
  • Un ángel caído, 1848.
  • Monografías de Santiago, 1850.
  • El reinado de las musas, 1851.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]