La Situación de Galicia
La Situación de Galicia | |
---|---|
![]() Portada do nº 1 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Situación de Galicia foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1842 e 1843.
Historia e características[editar | editar a fonte]
O primeiro número apareceu o 25 de outubro de 1842. Subtitulada Periódico político, literario e industrial, saíu tres veces á semana editado por Pío Rodríguez Terrazo. O seu director era Hipólito Otero e entre os seus colaboradores figuraban Antolín Faraldo e Antonio Neira de Mosquera. Cesou a súa publicación co número 25 aparecido o 27 de febreiro de 1843.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "La Situación de Galicia". Hemeroteca Virtual da Real Academia Galega.