El Recreo Compostelano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nº 2, 26 de xaneiro de 1842.

El Recreo Compostelano foi un xornal quincenal galego en castelán, que se publicou entre 1842 e 1843 en Santiago de Compostela.

Descrición[editar | editar a fonte]

Apareceu o 11 de xaneiro de 1842[1]. O director era Antonio Neira de Mosquera, o editor José Núñez Castaño e o redactor principal Antolín Faraldo, que empregaba o pseudónimo de Abenhumeya. Compuxeron, tamén, a redacción, Domínguez Izquierdo, Alberto Camino, Benito Vicetto e Manuel de la Peña Cagigao.

A temática da publicación estaba relacionada con aspectos históricos, literarios e filosóficos.

Cesou a súa publicación o 11 de setembro de 1843.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]