Naftali Bennett
Nome orixinal | (he) נפתלי בנט |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de marzo de 1972 (52 anos) Haifa, Israel (pt) |
3º Alternate Prime Minister of Israel (en) | |
1 de xullo de 2022 – 29 de decembro de 2022 ← Yair Lapid | |
Minister of Religious Services (en) | |
15 de maio de 2022 – 15 de agosto de 2022 | |
Minister for National Digital Matters (en) | |
13 de xuño de 2021 – 19 de xullo de 2021 | |
Minister of Community Affairs (en) | |
13 de xuño de 2021 – 29 de decembro de 2022 | |
13º Primeiro ministro de Israel | |
13 de xuño de 2021 – 1 de xullo de 2022 ← Benjamin Netanyahu – Yair Lapid → Gabinete ministerial: thirty-sixth government of Israel (en) | |
Membro de Knesset | |
6 de abril de 2021 – 15 de novembro de 2022 Lexislatura: 24th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
16 de marzo de 2020 – 6 de abril de 2021 Lexislatura: 23rd Knesset (en) | |
Minister of Defense (en) | |
12 de novembro de 2019 – 17 de maio de 2020 Gabinete ministerial: thirty-fourth government of Israel (en) | |
Membro de Knesset | |
10 de outubro de 2019 – 16 de marzo de 2020 Lexislatura: 22nd Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
3 de outubro de 2019 – 10 de outubro de 2019 Lexislatura: 22nd Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
30 de decembro de 2018 – 30 de abril de 2019 Lexislatura: 20th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
6 de decembro de 2015 – 30 de decembro de 2018 (renúncia de partido político (pt) ) ← Avi Vartzman (pt) Lexislatura: 20th Knesset (en) | |
Education Minister of Israel (en) | |
14 de maio de 2015 – 4 de xuño de 2019 ← Shai Piron (pt) – Rafi Peretz (pt) → Gabinete ministerial: thirty-fourth government of Israel (en) | |
Membro de Knesset | |
31 de marzo de 2015 – 9 de outubro de 2015 – Shuli Mualem (pt) → Lexislatura: 20th Knesset (en) Electo en: eleições legislativas de Israel em 2015 (pt) | |
Minister of Religious Services (en) | |
18 de marzo de 2013 – 14 de maio de 2015 ← Ya'akov Margi (pt) – David Azulai (pt) → Gabinete ministerial: thirty-third government of Israel (en) | |
Membro de Knesset | |
5 de febreiro de 2013 – 31 de marzo de 2015 Lexislatura: 19th Knesset (en) Electo en: eleições legislativas de Israel em 2013 (pt) | |
Minister of Economy (en) | |
23 de xaneiro de 2013 – 14 de maio de 2015 | |
Líder do partido Lar Judaico (pt) | |
6 de novembro de 2012 – 29 de decembro de 2018 (renúncia de partido político (pt) ) ← Daniel Hershkowitz (pt) – Rafi Peretz (pt) → | |
Director executivo Cyota (en) | |
1999 – | |
Datos persoais | |
Residencia | Ra'anana (pt) |
Grupo étnico | Pobo xudeu |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade Hebrea de Xerusalén - Grao en Leis (–2001) Q113237352 |
Lateralidade | destro |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Campo de traballo | Política de Israel (pt) |
Lugar de traballo | Israel Nova York |
Ocupación | empresario, político |
Empregador | Soluto (en) (2009–2013) |
Partido político | New Right (en) (2018–) Lar Judaico (pt) (2012–2018) Yamina |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Forças de Defesa de Israel (pt) |
Rango militar | Rav seren (en) |
Conflito | Conflito no sur do Líbano Operación Escudo Defensivo Guerra do Líbano de 2006 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Gilat Bennett |
Premios | |
| |
Sitio web | naftalibennett.co.il |
Naftali Bennett (en hebreo, נפתלי בנט), nado en Haifa o 25 de marzo de 1972, é un empresario e político israelí. Foi líder do partido político nacionalista e sionista chamado Nova Dereita (hebreo: הימין החדש, ha-Yamin ha-Hadash) canda a Ayelet Shaked. Grazas a un acordo entre oito forzas políticas, foi nomeado Primeiro Ministro de Israel o 13 de xuño de 2021, acabando con 12 anos consecutivos de goberno de Benjamin Netanyahu. Mais o seu goberno foi incapaz de manter os apoios polo que, logo de convocar eleccións, acabou dimitindo e o 1 de xullo de 2022 foi substituído por Yair Lapid.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natural de Haifa, os seus pais emigraron de California a Israel en 1967.[1] Por esta razón, Bennet mantivo a nacionalidade estadounidense ata que entrou como deputado na Knesset.[2] Durante a súa mocidade uniuse a unha organización xuvenil sionista relixiosa, Bnei Akiva, militando a favor da expansión territorial de Israel.[3]
Servizo militar
[editar | editar a fonte]Mobilizado en 1990, integrouse nas forzas de elite das Forzas de Defensa de Israel. Ascendido a comandante, participou en 1996 na ofensiva israelí contra Hezbolá no Líbano. O 18 de abril, mentres a súa unidade estaba sometida a lume de morteiro, ordenou bombardear a aldea de Qana, que albergaba un edificio das Nacións Unidas e numerosos refuxiados, causando a morte de 106 persoas, dos cales 102 eran civís e 4, eran cascos azuis.[3][4]
O 7 de outubro de 2023, logo dos ataques con proxectís e a incursión de Hamás en Israel, a prensa de Israel informou que Naftali Bennett enrolárase de novo nas unidades de reserva das Forzas de Defensa de Israel.[5]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade Hebrea de Xerusalén, en 1999 trasladouse a Nova York para fundar unha startup, Cyotta.[6] Esta empresa, que estaba especializada na loita contra a fraude en Internet, vendeuna en 2005 por 145 millóns de dólares converténdoo en multimillonario.[7] A súa experiencia empresarial continuou con éxito e a venda da compañía informática israelí Soluto 2013 reportoulle uns 600 000 dólares por ser directivo da mesma.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Comezou o seu vieiro político dentro da formación conservadora Likud, sendo xefe de gabinete do entón líder da oposición, Benjamin Netanyahu entre 2006 e 2008. Moi ligado a este dirixente, colaborou na súa campaña nas eleccións internas para a xefatura do partido en 2007 e coordinou a proposta de reforma educativa de Netanyahu. Entre 2010 e 2012 presidou o Consello de Yesha, unha organización que defende os intereses dos colonos israelitas nos territorios ocupados de Cisxordania.[8]
En 2010, xunto con Ayelet Shaked, creou a organización O Meu Israel para o activismo sionista en Internet. Entre as iniciativas patrocinadas estaba a de revisar artigos da Wikipedia que presentasen o que consideraban nesgos pro palestinos.[9][10][11]
Logo de disputas coa muller de Netanyahu rompeu co Likud e fundou o partido Fogar Xudeu.[1] Este partido idenfícase co xudaísmo ortodoxo e o sionismo conservador.[12] Con el participou por primeira vez nas eleccións de 2013, conseguindo 12 deputados sobre 120.[13] Nas negociacións para formar un goberno, Bennett e o seu grupo apoiaron a Netanyahu como Primeiro Ministro, razón pola que se incorporou como ministro de Industria ao executivo.[14] Aínda que nas eleccións de 2015 o partido tivo un pequeno retroceso, pasando a 8 escanos, Bennett continuou no goberno de Netanyahu, desta volta como responsable de Educación e Diáspora. Baixo a súa orde restrinxíronse as actividades dalgunhas organizacións non gobernamentais nos centros escolares como Breaking the Silence que critican a política do Estado de Israel con respecto os palestinos.[3]
Aínda que logo renunciou a súa esixencia, en 2018 provocou unha crise interna no goberno por pedir a carteira de Defensa. Finalmente, Bennett abandonou Fogar Xudeu e, de novo xunto con Ayelet Shaked, fundou unha nova formación, Yamina (Nova Dereita). Con todo, nas eleccións lexislativas de 2019 erran no seu obxectivo de acadar representación parlamentaria, mais na repetición electoral de xaneiro de 2020 consegue ser escollido dentro dos seis membros da Knesset do seu partido.[15][16] Como ministro dun novo goberno de Netanyahu meteu presión para ser o responsable de Defensa, sendo nomeado en novembro de 2019 manténdose ata a forma maio de 2020. Nesta xeira destacouse pola implicación das Forzas de Defensa de Israel na xestión da pandemia de covid-19 gañando sona na opinión pública.[1][17][18]
Cómpre indicar que neses anos, Israel atravesaba unha crise política derivada das investigacións xudiciais sobre casos de corrupción que afectaban a Netanyahu. As revelacións polarizaron á sociedade israelí, unha división que se mostrou nos resultados electorais: os bloqueos parlamentarios dificultaron a formación de gobernos, que, de habelos, eran moi flebles. Isto provocou na repitición de eleccións dúas veces en 2019, en 2020 e 2021. Nese último ano, tras un novo fracaso de Netanyahu, o Presidente de Israel, Rivlin, a quen lle corresponde delegar a un político a formación de goberno, propuxo ao opositor Yair Lapid a exploración dunha maioría parlamentaria. [19] Lapid logrou un pacto que incorporará ao goberno a unha coalición diversa de partidos (dende a extrema dereita ata representantes da minoría árabe) e que fará que o cargo de Primeiro Ministro rote entre Bennett e Lapid.[20][21]
Primeiro Ministro
[editar | editar a fonte]O 13 de xuño de 2021 a Knesset, logo dunha sesión con varios altercados verbais, deulle a confianza a Bennett como Primeiro Ministro de Israel, poñendo fin a 12 anos de goberno continuo de Benjamin Netanyahu.[22] Na votación, Bennett logrou o apoio de 60 deputados fronte os 59 que votaron contra el e unha abstención.[23]
Nos primeiros días como xefe do goberno tivo unha polémica co seu precedecesor, Benjamin Netanyahu, quen demorou, por semanas, a súa saída da residencia oficial do Primeiro Ministro na rúa Balfour de Xerusalén.[24][25] Ademais, nun dos seus primeiros consellos de ministros alertou á comunidade internacional de retomar as negociacións sobre o programa iraniano de enerxía nuclear, tachando á República Islámica de Irán de "réxime de verdugos".[26][27]
A difusión da variante delta de covid-19 obrigou a que se tomaran novas medidas restritivas en Israel, deste xeito o goberno de Bennett reforzou o control no aeroporto internacional Ben Gurión, a supervisión das corentenas e potenciar a vacinación dos adolescentes para atallar os gromos nos centros educativos.[28] Ademais, o goberno anunciou a doazón de, polo menos, un millón de doses da vacina desenvolvida por Pfizer contra o coronavirus a Palestina,[29] se ben as autoridades palestinas rexeitaron o ofrecemento alegando que estaban prontas a caducar,[30] establecéronse negociacións para retomar o acordo.[31]
O seu goberno formalizou o inicio das relacións diplomáticas con Bahrain e Emiratos Árabes Unidos e buscou a cooperación con eles fronte a ameaza compartida de Irán. O propio Bennett fixo en decembro de 2021 unha viaxe oficial a Emiratos Árabes Unidos, cualificada de histórica pola prensa.[32]
Logo da invasión rusa a Ucraína, Israel mostrou moito tino inicialmente nas súas posicións. O primeiro ministro Bennett, nun primeiro momento, evitou declaracións e asegurou asistencia humanitaria a Ucraína. Esta actitude foi criticada nas mobilizacións cidadás contra a ofensiva e o goberno de Bennett condenou na ONU a invasión.[33][34] Ofrecéndose a mediar no conflito, o 5 de marzo de 2022, Bennett, trasladouse en viaxes oficiais a Moscova e a Berlín para tratar con Vladimir Putin e Olaf Scholz, e mantivo conversas telefónicas con Volodymyr Zelenskyi e Emmanuel Macron.[35] Algúns medios de comunicación de Israel afirmaron que Bennett nas súas conversas con Zelenskyi aconsellou aceptar os termos de Rusia, algo posteriormente negado por ambas partes.[36]
Doutra parte, durante o seu mandato, Europa procurou chegar a un acordo con Israel para reducir a súa dependencia enerxética de Rusia. Así, Naftali Bennett asinou un memorando de entendemento con Ursula von der Leyen para que Israel subministrase gas natural a Unión Europea a través de Exipto.[37]
O 20 de xuño de 2022, logo de perder o apoio de varios deputados, o goberno de Naftali Bennett propuxo disolver o parlamento e convocar eleccións, as quintas en tres anos.[38] Conseguido o voto afirmativo do parlamento, os comicios foron fixados para o 1 de novembro de 2022, e Naftali Bennett cedeu a xefatura do executivo a Yair Lapid.[39] Ademais, tamén fixo pública a súa intención de non presentarse á reelección, deixando o partido Nova Dereita (Yamina) en mans de Ayelet Shaked.[40]
Vida privada
[editar | editar a fonte]Vive coa súa dona e os seus catro fillos en Ra'anana (a uns 20 quilómetros ao norte de Tel Aviv).[6][41][42][43] Ela era secular, mais agora observa o shabat xudeu e cumpre coas leis relixiosas con respecto á comida kosher.[41] Como os seus irmáns, Naftali é practicante do xudaísmo ortodoxo moderno.[41][44][45] Por este motivo é o primeiro Primeiro Ministro de Israel que leva de xeito cotián a kipá.[46] Logo da súa elección como Primeiro Ministro, a familia Bennett manifestou a súa vontade de seguir a vivir en Ra'anana trasladándose co pai só nos actos protocolarios e na fin de semana[47]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 https://m.jpost.com/israel-news/politics-and-diplomacy/naftali-bennett-who-is-israels-incoming-prime-minister-670867
- ↑ "Naftali Bennett, un tacticien de la droite radicale qui rêve d’évincer «Bibi»". LEFIGARO (en francés). Consultado o 2021-06-08.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Cypel, Sylvain (2021-06-08). "Naftali Bennett, le triomphe du nationalisme mystique juif". Orient XXI (en francés). Consultado o 2021-06-08.
- ↑ Berman, Lazar. "Bennett defends actions during 1996 Lebanon operation". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-08.
- ↑ "Former Prime Minister Naftali Bennett enlists in reserves". The Jerusalem Post (en inglés). 2023-10-07. Consultado o 2023-10-07.
- ↑ 6,0 6,1 Remnick, David. "The Party Faithful". The New Yorker (en inglés). Consultado o 2021-06-08.
- ↑ Gohring, Nancy (2005-12-05). "RSA buys Cyota for $145 million". Network World (en inglés). Consultado o 2021-06-08.
- ↑ "Bennett, Israel's right-wing leader tipped to be prime minister". France 24 (en inglés). 2021-06-02. Consultado o 2021-06-08.
- ↑ "Wikipedia editing courses launched by Zionist groups". the Guardian (en inglés). 2010-08-18. Consultado o 2021-06-08.
- ↑ "Zionist Struggle on Wikipedia". Israel National News (en inglés). Consultado o 2021-06-08.
- ↑ "The right's latest weapon: 'Zionist editing' on Wikipedia". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-06-08.
- ↑ "Which parties are running - and who is likely to get in?". Israel National News (en inglés). Consultado o 2021-06-13.
- ↑ Stern Stern HOFFMAN, Gil; Sharon, Jeremy; Harkov, Lahav (24 de xaneiro de 2013). "Final election count: Right bloc 61, Center-Left 59 seats". jpost.com (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2021.
- ↑ "Nétanyahou, vainqueur en demi-teinte". LEFIGARO (en francés). Consultado o 2021-06-08.
- ↑ Wootliff, Raoul. "Elections Committee publishes final results, hands them to president". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-08.
- ↑ Magid, Jacob. "How did 2 of Israel’s most prominent ministers end up outside the 21st Knesset?". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-08.
- ↑ "Bennett benefits as gov't stumbles on Covid-19". Globes (en inglés). 2020-07-13. Consultado o 2021-06-13.
- ↑ "Israel’s defense minister rises to the COVID-19 threat". Al-Monitor: The Pulse of the Middle East (en inglés). Consultado o 2021-06-13.
- ↑ "Israel opposition chief Yair Lapid handed mandate to form government". France 24 (en inglés). 2021-05-05. Consultado o 2021-06-08.
- ↑ "A oposición en Israel anuncia que chegou a un acordo para desbancar a Netanyahu". CRTVG. Consultado o 8-6-2021.
- ↑ Deutsche Welle. "Israel: Opposition reaches deal to unseat longtime PM Benjamin Netanyahu". DW.COM (en inglés). Consultado o 2022-03-06.
- ↑ RTVE.es (2021-06-14). "Naftali Bennett: de la derecha más extrema al pragmatismo". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2022-07-02.
- ↑ "Naftali Bennett sworn in as Israel's prime minister, ends Netanyahu's reign". The Jerusalem Post. Consultado o 13-06-2021.
- ↑ News, A. B. C. "Netanyahu's moving out, but not soon enough for critics". ABC News (en inglés). Consultado o 2021-06-21.
- ↑ "Netanyahu and Bennett agree: Former PM will vacate official residence on July 10". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-06-21.
- ↑ staff, T. O. I.; Agencies. "Bennett: Hardliner Raisi’s election a sign for world powers to ‘wake up’ on Iran". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-21.
- ↑ "Israel’s Bennett warns against nuclear talks with Iran’s “hangmen regime”". Reuters. 2021-06-20. Consultado o 2021-06-21.
- ↑ "Israel urges parents to vaccinates kids ages 12-15 amid COVID outbreak". 21-6-2021. Consultado o 21-6-2021.
- ↑ CNN, Andrew Carey. "Israel to transfer at least 1 million Covid-19 vaccines to Palestinians in swap deal". CNN. Consultado o 2021-06-21.
- ↑ "Covid: Palestinians cancel vaccine swap deal with Israel". BBC News (en inglés). 2021-06-19. Consultado o 2021-06-21.
- ↑ "PA says it wants to renegotiate terms of vaccine deal with Israel, Pfizer". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-21.
- ↑ "Israel Prime Minister Naftali Bennett announces historic visit to UAE as fears over Iran grow". ABC News (en inglés). 2021-12-12. Consultado o 2022-01-30.
- ↑ "Israelis rally to Ukraine’s side while their gov’t takes a more cautious approach". ynetnews.com.
- ↑ Kingsley, Patrick; Kershner, Isabel; Bergman, Ronen (2022-02-27). "War in Ukraine Forces Israel Into a Delicate Balancing Act". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-03-06.
- ↑ staff, T. O. I.; Agencies. "Bennett returns to Israel after whirlwind trip to meet Putin, Germany’s Scholz". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2022-03-06.
- ↑ i24NEWS. "Zelensky, Bennett Talk Again To Discuss Prospects For Russia Ceasefire". I24news (en inglés). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "La UE corteja a Israel por los yacimientos de gas". euronews (en castelán). 2022-06-15. Consultado o 2022-07-25.
- ↑ Kingsley, Patrick; Kershner, Isabel (2022-06-20). "Israel’s Government Collapses, Setting Up 5th Election in 3 Years". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ "Yair Lapid becomes Israel's interim PM ahead of November election". euronews (en inglés). 2022-07-01. Consultado o 2022-07-02.
- ↑ "PM Bennett Announces He Will Not Run in Israel's Next Election". Haaretz (en inglés). Consultado o 2022-07-02.
- ↑ 41,0 41,1 41,2 Hovel, Revital (18 de xaneiro de 2013). "Deconstructing Naftali Bennett: Growing Up to Be a Leader". haaretz.com/ (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2021.
- ↑ "Naftali Bennett interview: 'There won't be a Palestinian state within Israel'". the Guardian (en inglés). 2013-01-07. Consultado o 2021-06-08.
- ↑ Remnick, David (13 de xaneiro de 2013). "The Party Faithful". newyorker.com (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2021.
- ↑ Kaplan Sommer, Allison (8 de xaneiro de 2013). "Naftali Bennett’s American Parents Are Kvelling With Pride". haaretz.com (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2021.
- ↑ Ahren, Raphael (26 de xullo de 2012). "The new great white hope of the religious right?". timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2021.
- ↑ "Naftali Bennett, Israel's first kippah-wearing PM, pictured at prayer before being sworn in". The Jewish Chronicle.
- ↑ staff, T. O. I. "Bennett, family not planning to move to PM’s official residence — report". www.timesofisrael.com (en inglés). Consultado o 2021-06-21.