Ayelet Shaked

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ayelet Shaked
AYELET SHAKED.jpg
Nome completoאיילת בן-שאול
Nacemento7 de maio de 1976
 Tel Aviv
NacionalidadeIsrael
Alma máterUniversidade de Tel Aviv
Ocupaciónpolítica, informática teórica e enxeñeira
editar datos en Wikidata ]

Ayelet Shaked (en hebreo: איילת שקד), nada en Tel Aviv o 7 de maio de 1976, é unha política, activista e enxeñeira informática israelí. É membro da Knéset para A Casa Xudía dende 2013, e Ministra de Xustiza dende 2015. Aínda que representa a un partido relixioso, Shaked identifícase como unha política secular, é a única muller secular no seu partido. Comezou a súa carreira na industria de alta tecnoloxía de Tel Aviv, traballando como enxeñeira en Texas Instruments.[1][2] En 2010, estabeleceu o movemento extraparlamentario "O meu Israel" con Naftali Bennett e dirixiuno até maio de 2012. En 2019, estabeleceu o partido Nova Dereita xunto con Bennett.

É considerada unha das lexisladoras máis activas e influentes de Israel, iniciou e redactou leis que inclúen a lei da ONG de Israel de 2016, a lei integral contra o terrorismo, unha versión da proposta de lei básica sobre Israel como a nación-estado do pobo xudeu, así como unha lei que limita os poderes da Corte Suprema de Israel.[3] En opinión de Haaretz, considerada como unha potencial futura primeira ministra, "está preparada para ser a política israelí máis exitosa de Israel dende Golda Meir".[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Talks with a Tel Aviv Settler Haaretz, 22.06.2012
  2. Meet the most surprising candidate of "Jewish Home" NRG 11/26/2012
  3. Parliamentary Affairs: Not-xo-new politics, By Lahav Harkov, 08/01/2013
  4. Who’s Afraid of Ayelet Shaked? Meet the Secular Jewish Nationalist Who Could Be Israel’s Prime Minister Haaretz, Allison Kaplan Sommer, 8 de setembro de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]