Saltar ao contido

¿Y tú quién eres?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Y tú quién eres?
 Título
¿Y tú quién eres? Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Data de publicación
30 de agosto de 2007 (Festival Internacional de Cinema de Montreal (pt) Traducir)
21 de setembro de 2007 (España) Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
 Produtor/a
 Compañía produtora
Datas e cronoloxía
 Acontecementos
31 de xullo de 2006 rodaxe Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Duración
1 hora e 30 minutos Editar o valor en Wikidata
Localizacións
 Localización rodaxe
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0829326 Filmaffinity: 891809 Allmovie: v419693 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

¿Y tú quién eres? é unha película española de Antonio Mercero. A película, rodada entre Madrid e Donostia, trata a enfermidade de Alzheimer. Estreouse o 21 de setembro de 2007, o día desta doenza dexenerativa. Por desgraza, dita doenza seríalle diagnosticada a Mercero dous anos despois. Xa durante a rodaxe, a terapeuta a quen está dedicada a película e que foi asesora do director, descubriu que Mercero tiña os primeiros síntomas da enfermidade.[1] Foi a última película para o director e tamén para López Vázquez.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Luis Rivero (Álvaro de Luna) marcha coa súa familia de vacacións a Donostia e deixa nunha residencia o seu pai Ricardo (Manuel Alexandre), unha persoa anciá e con inicios de Alzheimer. Alí, Ricardo coñece a Andrés (José Luis López Vázquez), o seu compañeiro de cuarto, e fanse bos amigos. Ana, filla de Luis e neta de Ricardo (Cristina Brondo), quedou preparando oposicións na cidade. Porén, acaba por deixalas por mor das visitas ao seu avó, o que desgusta ao seu pai, e decide dedicarse ao coidado destes enfermos. Tamén namora do médico (Monti Castiñeiras) que traballa na residencia.

  1. Emisión da película en "Versión española" (TVE) 24-xuño-2018 con coloquio posterior

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]