Saltar ao contido

Era outra vez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Era outra vez
 Título
Érase otra vez Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
Autoría
 Director/a
 Director/a fotografía
Publicación
 Recadación
104.234,28 € Editar o valor en Wikidata
 Custo
1.803.100 € Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
2000 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración90 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/0s8ywhz Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0222515 Filmaffinity: 546541 Allmovie: v210840 TCM: 530347 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Era outra vez é un filme galego do ano 2000 dirixido por Juan Pinzás e rodado orixinalmente en lingua galega.

Foi o primeiro filme español adscrito ao movemento Dogma 95.[1]

Uns excompañeiros da mesma promoción de xornalistas reúnense durante unha fin de semana despois de dez anos acabados os seus estudos, unha promesa que se fixeran no seu momento. Estes son Rosendo (Monti Castiñeiras), Nacho (Víctor Mosqueira), Beatriz (Pilar Saavedra), Loreto (Isabel Vallejo) e Lucas (Vicente de Souza). Reúnense no chalé de Rosendo, que é escritor, e que está escribindo un libro co mesmo tema que trata a película. Loreto non traballa con temas relacionados co xornalismo, senón que pinta cadros. Lucas, xornalista deportivo, vai coa súa moza Patricia (Mara Sánchez). Beatriz "The Best", que é unha famosa figura televisiva, vai co seu rapaz Bruno (Marcos Orsi). Nacho é homosexual, e confésalle a Rosendo que aínda lle gusta, mais Nacho non logrará atraer ao solitario escritor os seus beixos.

A reunión consiste nunha fin de semana enteira, que comeza cunha merenda, onde Patricia saca o tema dun cadro que mercara Lucas por 1250 euros, que lle parecía unha "pintura de merda", e que resulta ser da Loreto, que o tiña exposto nunha galería e asinado con pseudónimo. Loreto cando contactara con Lucas para reunirse faláralle da súa exposición. E resulta que entre Lucas e Loreto existen reminiscencias dos seu amorío universitario, do que acabará finalmente rexurdindo nunha nova relación.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

Tivo un orzamento de 1.803.100 €[2] A rodaxe do filme comezou o 25 de xaneiro de 1999 e rematou o 23 de outubro de 1999 en localizacións de Madrid e Galicia.[3]

Recadou 104.234,28 € nos cinemas.[3]

  1. "Lista de filmes Dogma 95" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  2. culturagalega.gal (ed.). "Ficha de Era outra vez en AVG". Consultado o 26 de xaneiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Era outra vez". Consultado o 26 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]