Ignacio Vilar
Ignacio Vilar | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1951 |
Lugar de nacemento | Petín |
Nacionalidade | España |
Ocupación | director de cinema, guionista e produtor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Ignacio Vilar Díaz, coñecido como Ignacio Vilar, nado en Petín en 1951, é un director galego de cinema.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Produtor, director, guionista, aos dezaoito anos trasladouse a Barcelona, onde estudou cine, montaxe, dirección de actores, rodaxe de documentais e curtas. Alí comezou un proxecto de difusión de cinema polos barrios de Barcelona, e tamén polas vilas de Cataluña. Tamén foi profesor de cine a primeiros dos 80, na obra social da Caixa de Pensións de Cataluña.[2]
En 1989 gañou o Carlos Velo polo guión "Ollo Birollo", volveu a Galicia e montou a produtora Vía Láctea Filmes, coa que dirixe curtas en 35mm, documentais e series documentais para televisión.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Ilegal (2002)
- Un bosque de música (2003)
- Pradolongo (2008)
- Vilamor (2012)
- A esmorga (2014)
- Sicixia (2016)[3]
- María Solinha (2020)[4]
Curtametraxes[editar | editar a fonte]
- Edipo e Techné (1997)
- O cambio (1997)
- Disonancias (2000)
Documentais[editar | editar a fonte]
- Polisóns (1999)
- A aldea: o antigo e o novo (2000)
- Pintores da vangarda histórica Galega (2000). TV-
- Sempre Xonxa en Petín (2005)
Guións[editar | editar a fonte]
- Aura 1964 (2021). Vigo: Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-9151-718-4.[5]
Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]
Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor guión | Ilegal | Finalista |
Mellor dirección de produción | Ilegal | Finalista | |
2008 | Mellor director | Pradolongo | Finalista |
2014 | Mellor director | A esmorga | Finalista |
Mellor guión | A esmorga | Finalista |
- 1989: Premio Carlos Velo para guións de longametraxe, convocado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
- 2001: Polisóns recibiu o Premio “Lobo de Cinema” ó mellor documental
- 2015: Finalista Premios Goya en Mellor guión adaptado (compartido) por A esmorga.
- 2015: Mellor director no Toulouse Cinespaña por A esmorga.
- 2016: Finalista no Premio Días de cine en Mellor filme español por A Esmorga.
- 2016: Festival internacional de Xixón, finalista ao mellor filme por Sicixia.
- 2016: Finalista Violette d´Or por Sicixia.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ AVG. O soportal do audiovisual galego CCG.
- ↑ "Ignacio Vilar AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2023-05-10.
- ↑ "Ignacio Vilar inicia a rodaxe de “Sicixia"". Sermos Galiza. 29 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 29 de xuño de 2015.
- ↑ ""María Solinha" se estrenará el 14 de mayo en Cangas y el 15 en cines de toda España". Faro de Vigo. 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2020.
- ↑ Martínez de Alegría Madera, Iago (outubro, novembro, decembro, 2021). "Cinema para ler". Grial LIX (232): 92–93. ISSN 0017-4181.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ignacio Vilar ![]() |