Saltar ao contido

Secuestrados en Xeorxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Secuestrados en Xeorxia
 Título
Secuestrados en Xeorxia Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Guionista
 Editor/a de cine
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
22 de decembro de 2003 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración88 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0326126 Filmaffinity: 843494 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Secuestrados en Xeorxia é unha longametraxe de 90 minutos de duración, feita para televisión en 2003 e dirixida por Gustavo Balza. Foi producida por Portozás Visión para TVG e Telecinco e conseguiu un nomeamento ó mellor telefilme nos Premios Mestre Mateo 2004.

Francisco e José Manuel Clavijo, dous empresarios españois, viaxan a Xeorxia coa intención de comprar unha xoia que en España revenderán a un prezo alto. O intermediario do negocio é Carlos, socio de Francisco en Xeorxia. Pero as cousas non saen como esperaban. A Francisco e a José Manuel secuéstranos un grupo de guerrilleiros que, en realidade, son cómplices de Carlos. El pretende levar unha parte do rescate que pagarán as familias dos secuestrados. Trátase dunha historia baseada en feitos reais.

Entrementres, en Madrid, Rosa e Helena – as mulleres dos secuestrados – intentan logra-la liberación dos seus maridos por tódolos medios diplomáticos posibles… Ata que non queda outro remedio que ir a Xeorxia e paga-lo rescate que esixen os secuestradores.

Equipo técnico

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]