Saltar ao contido

Misericordia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Misericordia e Verdade mostradas xuntas nunha representación do século XIII dos Salmos 85 (10).

A misericordia é un sentimento e unha actitude bondadosa de compaixón cara a outra persoa, xeralmente do ofendido cara ao ofensor ou dende o máis afortunado cara ao máis necesitado, que leva a perdoar o que cometeu algunha falta ou ofensa, ou ao que foi vencido, ou a non abusar do máis débil.[1]

Misericordia no cristianismo

[editar | editar a fonte]

No cristianismo, é un dos principais atributos divinos.[2] Cando os fariseos mostraron unha actitude inmisericorde cara a outros, Xesús reprendeunos, dicindo: ‘Quero misericordia, e non sacrificio’.[3][4]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A súa etimoloxía, do latín misere ('miseria', 'infelicidade', 'necesidade'), cor, cordis ('corazón') e ia ('cara aos demais'); significa ter un corazón solidario con aqueles que teñen necesidade.[5]

Outros termos

[editar | editar a fonte]

A palabra "conmiseración" comparte a raíz latina misere, e é un sentimento de compaixón polo sufrimento e as desgrazas alleas.[6][7]

A palabra hebrea ra·jamím deriva do verbo ra·ham e defínese como “sentir ou irradiar afecto; ser compasivo".[8] A palabra grega é·le·os (verbo, e·le·é·ō) está relacionado coa palabra para “matriz”, relativo ás entrañas ou ser entrañable e ambas foron traducidas como misericordia.

Notas

  1. "misericordia". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-06. 
  2. "Catecismo de la Iglesia Católica, Tercera parte, Segunda sección, capítulo segundo, artículo 7, 2401-2463". www.vatican.va (en castelán). Consultado o 2024-08-06. 
  3. "Mateo :: A Biblia Galega". www.abibliagalega.com. Consultado o 2024-08-06. 
  4. Catholic encyclopedia: Corporal and Spiritual Works of Mercy.
  5. "MISERICORDIA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-08-06. 
  6. "conmiseración". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-06. 
  7. "CONMISERACIÓN, radicación". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-08-06. 
  8. A Hebrew and Chaldee Lexicon, edición de B. Davies, 1957, páx. 590.