María Bouzas
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) María Xosé Rodríguez Bouzas 24 de marzo de 1962 (62 anos) Piñeiro, España |
Presidenta Academia Galega do Audiovisual | |
17 de outubro de 2006 – 30 de maio de 2009 – Xosé Manuel Olveira "Pico" → | |
Datos persoais | |
Altura | 165 cm |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema |
Premios | |
| |
María Xosé Rodríguez Bouzas, nada en Piñeiro (Mugardos) en 1962, é unha actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como intérprete na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid entre os anos 1983 e 1987. Conta cunha extensa traxectoria profesional, acadando gran popularidade a raíz das súas personaxes nas series da TVG Pratos combinados e Terra de Miranda, na que tivo un papel protagonista.
Participou así mesmo en multitude de películas e curtametraxes, ademais de montaxes teatrais, algunhas delas coa Compañía de Marías, da que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Pujalte.
En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Pujalte e Berta Ojea e o actor Serxio Pazos.
Foi a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, organizadora dos premios Mestre Mateo, desde outubro de 2006 até maio de 2009, momento na que a sucedeu no cargo o actor Xosé Manuel Olveira "Pico".
Actuou como xurado, xunto a Quico Cadaval, Cristina Domínguez, Camilo Franco e Ana Romaní, na II edición do Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega.
Entre 2011 e 2020 interpretou durante 12 tempadas e máis de 2000 episodios a Francisca Montenegro na serie de Antena 3 El secreto de Puente Viejo.[1]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Urxa (Alfredo García Pinal e Carlos Piñeiro, 1989).
- Martes de carnaval (Fernando Bauluz e Pedro Carvajal, 1991).
- Un soño de verán (1992)
- As xoias da Señora Bianconero (Jorge Coira, 1994).
- A metade da vida (Raúl Veiga, 1994).
- Blanca Madison (Carlos Amil, 1998).
- Arde, amor (Raúl Veiga, 1999).
- Los años borrados (1999)
- Sei quen es (Patricia Ferreira Mañá, 2000).
- Condenado a vivir (Roberto Bodegas, 2001, TV).
- A Subela (Luis Avilés Baquero, 2002).
- O alquimista impaciente (Patricia Ferreira Mañá, 2002).
- O agasallo de Silvia (Dionisio Pérez, 2003).
- Sara (Sílvia Quer, 2003, TV).
- Heroína (Gerardo Herrero, 2005).
- Abrígate (Ramón Costafreda, 2006).
- Atlas de xeografía humana (Azucena Rodríguez, 2007).
- Unha muller invisible (Gerardo Herrero, 2007).
- Retornos (Luis Avilés Baquero, 2010).
- Reliquias (Toño López, 2011, TV).
- A síndrome Cacareco (A verdade na cara) (Breogán Riveiro, 2011, TV).
- Años después (Laura Pino e Laura Gardós Velo, 2012).
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Mofa e Befa en Gran liquidación (Jorge Coira, 1992).
- A Repesca (Sandra Sánchez, 1995).
- Sitcom show (Ángel de la Cruz, 1996).
- Una extraña mirada (José Manuel Quiroga, 1998).
- ¿A ti como se che di adeus? (Jorge Coira, 1999).
- Si lo sé no vengo (a mi propio entierro) (Manolo Gómez, 1999).
Teatro
[editar | editar a fonte]- Cásting (a comedia), de Roger Justafré. Lagarta, lagarta, 2010 (como actriz).
Televisión
[editar | editar a fonte]- Mar de dudas (TVE, 1995). Como Margarita Cansino.
- A familia Pita (TVG, 1996-1998). Como Lola.
- Pratos combinados (TVG, 1996-2001). Como Charo.
- Un mundo de historias (TVG, 2000).
- A miña sogra e máis eu (TVG, 2004). Episódico.
- Terra de Miranda (TVG, 2001-2005). Como Carmela.
- El secreto de Puente Viejo (Antena 3, 2011-2020). Como Francisca Montenegro.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Produción | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor actriz | Terra de Miranda | Gañadora |
2003 | Mellor actriz | Terra de Miranda | Gañadora |
Mellor actriz secundaria | O agasallo de Silvia e Blanca Madison | Nomeada | |
2004 | Mellor actriz secundaria | Terra de Miranda | Nomeada |
2005 | Mellor actriz secundaria | Heroína | Gañadora |
2007 | Mellor actriz | Unha muller invisible | Gañadora |
2010 | Mellor actriz secundaria | Retornos | Gañadora |
2011 | Mellor actriz | As reliquias do Santo | Nomeada |
2017 | Premio de Honra Fernando Rey | Gañadora |
- Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina protagonista (1993).
- Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina protagonista (1995).
- Premio AGAPI á Mellor interpretación feminina protagonista (1996).
- Premio AGAPI á Mellor interpretación feminina protagonista (1997).
- Premio María Casares de Teatro á Mellor actriz secundaria por Si o vello Sinbad volvese ás illas... (2000).
- Premio Imaxe e Comunicación (2002).
- Premio á Mellor actriz na XIII Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida por Abrígate (2007).
- Premio de Honra Pedigree no Festival de Cans (2014)
- A Fundación AISGE premiouna pola súa traxectoria en 2019.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""'Puente Viejo' ha tenido un final abrupto debido al estado de alarma"" (en castelán). 20 de maio de 2020. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ culturagalega.org (2019-09-10). "A Fundación AISGE premia á actriz María Bouzas pola súa traxectoria. A artista recollerá o premio no marco do 24º OUFF". culturagalega.org. Consultado o 2019-09-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Bouzas, María". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 349.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Actores de Mugardos
- Actores de cine de Galicia
- Actores de teatro de Galicia
- Actores de televisión de Galicia
- Nados en 1962
- Nados en Mugardos
- Premios María Casares
- Premios da Cultura Galega
- Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista
- Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria
- Premio de Honra Fernando Rey