Saltar ao contido

Blanca Madison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Blanca Madison
 Título
    Blanca Madison (gl) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Datas
 Data de publicación
15 de maio de 2003 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Custo
   180.000.000 ₧ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
   7.994,8 € Editar o valor en Wikidata
 Duración
   85 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0283943 Filmaffinity: 704911 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Blanca Madison é unha produción cinematográfica dirixida polo galego Carlos Amil. Estreouse no ano 2000, aínda que a súa rodaxe tivo lugar na Coruña dous anos antes. Recadou 7.994,80 €.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Bocanegra rexenta un club nunha cidade atlántica, axudado por Nonó, coa que mantén unha complexa relación, na que Nonó exerce unha actitude protectora, maternal, e de amante non correspondida, que a leva mesmo a descoidar os seus deberes para con Urbano, un fillo ao que case non coñece. Este, que vén de saír do cárcere, entra ao servizo de Bocanegra como taxista.

Urbano recolle co seu taxi unhas prostitutas, coas que tamén viaxa unha meniña. Sen que el o saiba, é seguido por Blanca Madison, cantante de boleros, muller ferida física e psiquicamente na súa puberdade. Blanca volve á cidade onde sufriu con Bocanegra, para organizar, con desesperada frialdade matemática, unha quente vinganza que arrastrará tódolos personaxes do relato.
Bocanegra vive nun delicado equilibrio entre o mundo da familia que forma coa súa muller e a filla de doce anos, e o mundo da noite polo que se move como peixe na auga. A chegada de Blanca Madison altera a súa vida familiar e revive o monstro que leva dentro.
Blanca Madison utiliza a Urbano como levaetrae das súas mensaxes a Bocanegra. Pero o taxista non se conforma co papel de mensaxeiro e converte á cantante no seu obxecto de desexo. Os acontecementos precipítanse cando Urbano se decata de que só é un pelello utilizado por Blanca Madison ao seu antollo e como medio para achegarse a Bocanegra.

  1. ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Blanca Madison". Consultado o 2 de novembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]