Unha muller invisible
Aparencia
Unha muller invisible | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Una mujer invisible |
Director | Gerardo Herrero |
Produtor | Pancho Casal, Rosalía Mera |
Guión | Belén Gopegui |
Intérpretes | María Bouzas, Adolfo Fernández, Nuria Gago, María Salgueiro, Ricardo Birnbaum, Tamar Novas, Carlos Blanco |
Música | Lucio Godoy |
Fotografía | Alfredo Mayo |
Montaxe | Berta Frías |
Estudio | Continental Producciones, Milou Films, Tornasol Films |
Distribuidora | Cinemax |
Estrea | 25 de maio de 2007 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | drama |
Unha muller invisible (en castelán: Una mujer invisible) é unha longametraxe dirixida por Gerardo Herrero e protagonizada por María Bouzas, Adolfo Fernández e María Salgueiro entre outros. Trátase dunha coprodución galega rodada na Coruña en lingua castelá que se estreou a nivel nacional o 25 de maio de 2007.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Luisa (María Bouzas) ten 47 anos e séntese invisible. A xente non escoita o que di nin lle presta atención. Vive soa, o seu marido deixouna e a súa filla estuda fóra. Un día nunha festa encóntrase con Jorge (Adolfo Fernández), que a ignora igual que os demais. Entón aposta con Marina (Nuria Gago) que logrará seducilo.
Elenco
[editar | editar a fonte]- María Bouzas como Luísa.
- Adolfo Fernández como Jorge.
- Nuria Gago como Marina.
- María Salgueiro como Teresa.
- Ricardo Birnbaum como o adestrador.
- Tamar Novas como Javier.
- Carlos Blanco como Jaime.
- Pepo Suevos como Marcos.
- Cuca Escribano como actriz.
- Fran Paredes como actor.
- Comba Campoy como Alicia.
- Sonia Méndez como Clara.
- Antonio Mourelos como o director de recursos humanos.
- Xavier Estévez como supervisor.