Heroína (filme)
Heroína | |
---|---|
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | cinema dramático ![]() |
Lingua orixinal | lingua castelá ![]() |
Autoría | |
Director/a | Gerardo Herrero ![]() |
Compositor/a | Lucio Godoy ![]() |
Guionista | Ángeles González-Sinde ![]() |
Director/a fotografía | Alfredo Fernández Martínez e Alfredo Mayo ![]() |
Editor/a de cine | Carmen Frías ![]() |
Deseñador/a produción | Josean Gómez ![]() |
Deseñador/a vestiario | Estíbaliz Markiegi (pt) ![]() ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Galicia ![]() |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 40 minutos ![]() |
Premios | |
Contacto | |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Heroína é unha película de Gerardo Herrero, coprodución galega estreada en 2005 e baseada na historia e na figura de Carmen Avendaño, unha das nais fundadoras do movemento Érguete de loita contra a droga e o narcotráfico en Galicia.
Adriana Ozores, que foi nomeada ó Goya a mellor actriz protagonista por este papel, encabeza un elenco que se completa con multitude de caras coñecidas do panorama do audiovisual galego.
A película foi rodada en Galicia en escenarios reais da loita contra o narcotráfico, coma é o caso do Pazo Baión.

Sinopse
[editar | editar a fonte]A acción está ambientada en Galicia nos anos oitenta. Pilar (Adriana Ozores) é unha muller normal que un día descobre que un fillo dela é adicto á heroína. Arredor de Pilar outros moitos pais estanse encontrando co mesmo problema. Cando comezan a reunirse, a incerteza vaise transformando nunha vontade firme de denunciar a impunidade do narcotráfico nas nosas vilas.