Premio Cultura Galega das Artes Escénicas
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O Premio Cultura Galega das Artes Escénicas é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor no eido das "artes escénicas galegas ou [da] traslación en imaxes e son de creacións narrativas galegas"[1]. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.
Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición[2]. A diferenza do anterior, concedido a Manuel Lourenzo, este premio non ten dotación económica.
Premiados[editar | editar a fonte]
- 2010 - Eduardo Alonso.
- 2011 - Quico Cadaval.
- 2012 - Grupo de Teatro Airiños[3].
- 2013 - Asociación Abrente - Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia[4].
- 2014 - Cándido Pazó[5].
- 2015 - María Bouzas.
- 2016 - Sarabela Teatro.
- 2017 - Mabel Rivera.
- 2018 - Festival Internacional Outono de Teatro.[6]
- 2019 - Os monicreques de Kukas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia, 5/10/2010.
- ↑ A Xunta crea os Premios da Cultura Galega Arquivado 24 de novembro de 2010 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 5/10/2010.
- ↑ O xurado dos Premios da Cultura Galega 2012 outorga sete galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural
- ↑ O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013 outorga oito galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural
- ↑ Premios da Cultura Galega 2014
- ↑ "Premios da Cultura Galega 2018". cultura.gal. Consultado o 16/12/2018.