Praia de Cabopino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Cabopino

A praia de Cabopino, tamén chamada praia de Artola, é unha praia da cidade de Marbella, na Costa do Sol da provincia de Málaga, en Andalucía.

Trátase dunha praia illada de area dourada e ondada moderada, situada nunha zona natural protexida chamada Dunas de Artola e xunto ao porto de Cabopino, no distrito de Las Chapas. Ten uns 1.200 metros de lonxitude e uns 30 metros de anchura media. É unha praia cun grao de ocupación medio e cunha zona nudista.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio de Medio Ambiente (ed.). "Playa de Cabopino". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]