Marisol Yagüe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marisol Yagüe
Nome completoMarisol Yagüe Reyes
Nacemento1952
 La Línea de la Concepción
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Marisol Yagüe (La Línea de la Concepción, Cádiz, 1952) é unha política española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Converteuse en alcaldesa de Marbella o 13 de agosto de 2003 grazas a unha moción de censura apoiada por oito tránsfugas do que era entón o seu partido (o GIL, Grupo Independiente Liberal), tres edís do PSOE e outros tres do PA, arrebatándolle o posto ata o entón alcalde Julián Muñoz, do GIL.

Tras a moción de censura, Yagüe abandonou o GIL tras 12 anos e pasou ao Grupo mixto A xunto aos tránsfugas do GIL. Trátase da primeira muller que se converteu en rexedora marbellí e o inicio do seu mandato supuxo o fin de máis dunha década de goberno do GIL no municipio.

Escándalos[editar | editar a fonte]

Como alcaldesa, Yagüe enfrontouse a varios escándalos. En 2006 a súa casa foi embargada de forma preventiva despois de que un construtor a acusase de tentar pagarlle a reforma que fixera á súa vivenda con diñeiro municipal. Desde o 1 de abril de 2006 atópase en prisión incondicional como imputada polo Caso Malaya, aínda que saíu do cárcere posteriormente baixo fianza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]