Saltar ao contido

Nueva Andalucía, Marbella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNueva Andalucía, Marbella
Imaxe

Localización
Mapa
 36°30′N 5°00′O / 36.5, -5
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Málaga
ConcelloMarbella Editar o valor en Wikidata

Puerto Banús

Nueva Andalucía é un dos cinco distritos que conforman o municipio de Marbella, na provincia de Málaga. Está situado no centro-oeste do termo municipal, entre o centro de Marbella e a pedanía de San Pedro Alcántara. O distrito abarca unha área de vilas e apartamentos deseñados no estilo tradicional andaluz esparexidos entre campos de golf de gran tamaño. Comprende a Puerto Banús e El Ángel así como á Milla de Oro, concentrando algunhas da área máis luxosas do municipio.[1]

En Nueva Andalucía atópanse as dúas institucións de ensino superior de Marbella: Les Roches Marbella e Marbella University.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Nueva Andalucía recolle o nome do desenvolvemento urbanístico e turístico que promoveu José Banús en 1964. O nome fai referencia aos topónimos das gobernacións coloniais de Nueva Andalucía de Venezuela, Colombia e Puerto de la Plata.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O distrito atópase na parte occidental do termo municipal de Marbella. Limita ao oeste co distrito de San Pedro Alcántara polo río Guadaiza, ao norte con Benahavís e con Istán polo encoro da Concepción, ao leste co distrito Marbella Oeste polo río Verde e ao sur co mar Mediterráneo.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo datos do padrón municipal de 2018, tiña unha poboación censada de 17.078 habitantes.[3] A poboación de Marbella en 2020 era de 147.633 persoas e Nueva Andalucía constituía o 12,63 % da poboación total do municipio. No verán, durante a tempada turística, a poboación aumenta aproximadamente un 30% segundo os informes. A demografía de Marbella consiste en persoas de Escandinavia (Suecia, Dinamarca, Noruega), Marrocos, Reino Unido, Ucraína, Rusia, Italia, Alemaña, Colombia e Francia. A demografía das persoas que viven en Nueva Andalucía ten unha porcentaxe aínda maior de escandinavos, xa que aquí tamén se atopa a escola sueca.[4]

O 16 de xullo celébrase a Virxe do Carme, e a procesión mariñeira sae desde o Porto Pesqueiro de Marbella, chega a Puerto Banús, e retorna ao Porto Deportivo de Marbella.[5]

A finais de xullo celébranse a Feira e Festas de Nueva Andalucía ou de La Campana, con feira de día, competicións deportivas e concursos, misa o domingo na Parroquia Virgen Madre, actuacións en directo e verbena, con gran participación dos veciños.[6]

  1. "La Tribuna de Marbella". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2022. Consultado o 03 de xullo de 2016. 
  2. "VIII CONGRESO AEHE Organizado por la Asociación Española de Historia Económica Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela y Vigo, 13 al 16 de septiembre de 2005 DESARROLLO TURÍSTICO DE LA COSTA DEL SOL, DENTRO DEL CONTEXTO NACIONAL. Autorː Miguel-Héctor Fernández-Carrión" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de outubro de 2023. Consultado o 23 de febreiro de 2025. 
  3. "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es. Consultado o 2 de febreiro de 2019. 
  4. "Nueva Andalucia". NuevaAndalucia (en inglés). 2022-08-10. Consultado o 2021-10-21. 
  5. "Festividad Virgen del Carmen: Marbella". Portal Oficial del Ayuntamiento de Marbella (en castelán). Consultado o 2020-10-22. [Ligazón morta]
  6. "Feria y Fiestas de Nueva Andalucía". Portal Oficial del Ayuntamiento de Marbella (en castelán). Consultado o 2020-10-22. [Ligazón morta]