Tareixa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
Tareixa Cristina, nada o 14 de marzo de 1822 e finada o 28 de decembro de 1889, alcumada "a Nai dos Brasileiros",[1] foi a emperatriz consorte do Emperador Pedro II do Brasil, que reinou dende 1831 até 1889. Nada como Princesa do Reino das Dúas Sicilias, no presente o sur de Italia, era filla de Francisco I da póla italiana da casa de Borbón e da súa muller María Isabel. Durante moito tempo, os historiadores creron que a Princesa foi criada nunha atmosfera ultraconservadora e intolerante, que deu como resultado unha personalidade tímida e insensible en público, e con capacidade de contentarse emocionalmente. Estudos recentes revelan unha personalidade moito máis complexa, e que malia repectar moito as normas sociais da época, era quen de manter unha independencia limitada grazas ó seu carácter porfiado, así como polo seu interese na aprendizaxe, as ciencias e a cultura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Véxase:
- Carvalho 2007, p. 73,
- Behar 1980, p. 51,
- Cenni 2003, p. 80,
- Antunes 2009, p. 183.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tareixa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Calmon, Pedro (1975). História de D. Pedro II (en portugués) 1–5. Rio de Janeiro: J. Olympio.
