Manuel Rodríguez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Rodríguez López
Photograph of Manuel Rodriguez Lopez.jpg
Nacemento11 de decembro de 1934
 Paradela
Falecemento13 de febreiro de 1990
 Lugo
SoterradoParadela
NacionalidadeEspaña
Relixióncatólico
Alma máterTiana e Barcelona
Ocupacióncronista, escritor, tradutor, xornalista e poeta
CónxuxeIrene López Gómez (O Páramo)
FillosEnrique (1963) e
Santiago (1971)
Xénerospoesía, conto, crónicas, teatro, tradución
Na rede
Manuel Rodríguez López
Firma de Manuel Rodriguez Lopez.jpg
Manuel Rodríguez López
editar datos en Wikidata ]

Manuel Oreste Rodríguez López, nado en Randulfe (Paradela) o 11 de decembro de 1934[1] e finado na cidade de Lugo o 13 de febreiro de 1990, foi un poeta, cronista e tradutor galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Rodríguez e Consolación López, moi cedo (1936) foi coidado por persoas alleas poe emigración da súa nai e incorporación a filas do seu pai[1]. Residiu en Barcelona, onde emigrara a súa nai e logo o seu pai, dende os seis anos. En 1987 retornou a Lugo. Cursou Humanidades e Filosofía no Seminario Diocesano de Barcelona dende 1946 ata 1952. Posteriormente estudou Contabilidade e Lexislación Laboral. Traballou como xefe administrativo do departamento de persoal nunha industria siderometalúrxica (OSSA). Casado con Irene López Gómez (O Páramo), e pai de dous fillos.

Manuel Rodríguez López no parque de Rosalía de Castro en Lugo.

O longo da súa vida demostrou unha gran preocupación pola cultura e por Galicia, tanto na súa longa emigración en terras catalás, onde chegou a ser cronista de todos os actos referidos a Galicia celebrados en Cataluña, coma unha vez establecido en Lugo.[Cómpre referencia]

Foi premiado en numerosos concursos literarios. Destacan os primeiros premios de poesía Meigas e Trasgos de Sarria nos anos 1976 e 1980, o Premio Xosé Mª Chao Ledo no III Certame Literario de Vilalba, en 1977, e o primeiro premio do Certame Literario de Begonte en 1985, ano no que a familia se trasladou a vivir a Lugo.[1]

En prosa, acadou o primeiro premio Nós de Barcelona en 1980. En Sarria, mereceron o premio Meigas e Trasgos dous contos seus en 1977 e en 1986. En Barakaldo gañou un premio en 1978. En 1985 e 1987 quedou finalista na sección de Reportaxe dos Premios Galicia de Xornalismo.[Cómpre referencia]

Varios dos seus poemas foron musicados e cantados por Suso Vaamonde, Xerardo Moscoso, Alfredo González Vilela e Mary C. Otero Rolle.

En 1989 Diagnostícaselle cancro de vexiga[1]. No ano do seu pasamento (1990), foi nomeado a título póstumo "Fillo Predilecto de Paradela" e "Lucense del año 1989". En 1995 os seus restos foron trasladado ó Panteón de Paraledenses Ilustres.

Legado[editar | editar a fonte]

Manuel Rodríguez deixou un inmenso legado para a Cultura Galega e o círculo emigrante Galego de Barcelona.[3] Tamén influíu ós emigrantes Galegos do mundo. Isto o fixo coa súa obra xornalística e cos seus dous libros "Galegos en Catalunya" I e II. Outro legado que deixou foi o do Certame Literario a el adicado, que axuda financeiramente a autores e autoras que escriben en galego ou castelán.

Foi un asiduo colaborador en medios de comunicación de Galicia, Cataluña e a Arxentina. Foi correspondente de Faro de Vigo e de El Ideal Gallego na Cidade Condal, onde firmaba co seu nome de pía completo. Colaborou asiduamente en El Progreso de Lugo, La Voz de Galicia e Praza Maior (voceiro do Concello de Lugo).[3]

Cronista Oficial do Centro Galego de Barcelona, publicou numerosos artigos nas revistas Boletín, Treboada e Alborada desa entidade. Colaborou en Correo de Galicia e outros xornais e revistas de Buenos Aires e publicou diversos artigos nas revistas galegas Coordenadas e Dorna. Así mesmo foi colaborador en Radio Nacional de España na Coruña e Radio Popular de Lugo, centrándose as súas colaboracións en temas de historia lucense, monumentalidade e viaxes.[3]

Centro Socio-Cultural Manuel Oreste Rodríguez López[editar | editar a fonte]

En 1990 inaugurouse a Casa de Cultura de Paradela "Manuel Rodríguez López" e, no 2001, o novo "Centro Socio-Cultural Manuel Rodríguez López" onde se celebra o Certame[4]. O centro ten facilidades bibliotecarias e contén un Salón e ordenadores xunto a espazo social que esta dispoñible para a comunidade. O Premio Literario Manuel Oreste Rodríguez López vense celebrando alí dende o ano 1995 organizado polo Concello de Paradela[4]. A última e décimo-sétima edición celebrouse no ano 2012[5].

Biblioteca do Centro Socio-Cultural.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Prosa[editar | editar a fonte]

  • Reencontro coa aldea (1983). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788474921656.
  • Galegos en Catalunya 1978-1982 (1983). Publicacions do Centro Galego de Barcelona. Prólogo de Manuel Casado Nieto.
  • Galegos en Catalunya-2 (1985).[6] Centro Galego de Barcelona, coa colaboración do Centre de Documentació de les Cultures de les Comunitats Autònomes, del Departament de la Presidència de la Generalitat de Catalunya.
  • Viaxes con Ánxel Fole (1988). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-8474923940.
  • Festa da Virxe das Dores de Paradela 1989 (1989).[7]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Vivimos unha longa traxedia.[8]

Traducións[editar | editar a fonte]

Libros publicados na Biblioteca Virtual de GaliciaDixital[editar | editar a fonte]

  • Lugueses (2020)
  • Semblanzas de galegos ilustres (2020)
  • Vacacions en Galicia: Vivir Galicia (2020)
  • Vivimos unha longa traxedia (peza teatral) (2020)

Colaboracións en libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Homaxe ó Che (1970)
  • A Nosa Terra (de "Libro de Oro", no centenario de Ramón Cabanillas) (1976)
  • Homenaxe multinacional a Castelao (1976)
  • Galicia no ano 1979 (1979)
  • José Mª Acuña (1983)
  • Os escritores lucenses arredor de Fole (1986)
  • Voces poéticas (1987)
  • Paradela y su concello (1990)
  • Aliad-Ultreia. Poesía. Pintura (1993)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Folleto 'Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro'
  2. "MRL Manuel Rodríguez López". www.manuelrodriguezlopez.org. Consultado o 2023-01-01. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Manuel Oreste Rodríguez López Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-01. 
  4. 4,0 4,1 "Manuel Oreste Rodríguez López". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-02-04. 
  5. "Certame Literario Manuel Rodríguez López". www.manuelrodriguezlopez.org. Consultado o 2019-02-04. 
  6. "Galegos en Catalunya 2 Biblioteca Virtual de GaliciaDigital". bibliotecavirtual.galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-01. 
  7. "Festa da Virxe das Dores de Paradela 1989 Biblioteca Virtual de GaliciaDigital". bibliotecavirtual.galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-01. 
  8. "Vivimos unha Longa Traxedia Biblioteca Virtual de GaliciaDigital". bibliotecavirtual.galiciadigital.com. Consultado o 2023-01-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía seleccionada[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]