Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Categorías | Poesía |
---|---|
Premios | 2 x €600, Accésits |
Activo dende | 1995 |
Data da Entrega de Premios | Decembro |
Edición presente | 18 |
O Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López é un certame organizado e financiado polo concello de Paradela. A entrega de premios realízase no Centro Socio-Cultural Manuel Rodríguez López cada ano. O concurso está aberto a escritores e poetas que escriben en castelán ou galego; os gañadores reciben premios de €600 en cada categoría (narrativa e poesía).
Celébrase na honra do escritor, poeta e cronista galego Manuel Rodríguez López, e celébrase cada ano, sen interrupción, dende o ano 1995.[1] A entrega de premios da 18ª edición aconteceu no mes de decembro de 2013.
Criterios
[editar | editar a fonte]Escritores e poetas de todo o mundo, que escriben en castelán ou galego poden enviar un traballo ó certame. Os traballos de narrativa non deben exceder das vinte páxinas, e os traballos de poesía non deben superar os cen versos. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, sen ter sido premiados noutros concursos.[1][2] Os membros do xurado na 18ª edición foron:[3]
- José Manuel Mato Díaz (alcalde de Paradela e presidente do xurado)
- José Jesús Ramos Ledo (xefe territorial de Lugo e da Consellería de Cultura e Turismo)
- Santiago Rodríguez López (fillo de Manuel Rodríguez López)
- Xesús Mato Mato (crego e musicólogo)
- Xulio Xiz Ramil (escritor e xornalista)
- Xavier Rodríguez Barrio (poeta)
Premios
[editar | editar a fonte]Hai dous premios de €600 que se lles conceden ós gañadores das categorías de narrativa e poesía. Pódense dar accésits e mencións de honra, aínda que non teñen dotación económica.[2]Presentáronse 958[4] e 968[5] para a décimo sétima e décimo oitava edicións, respectivamente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Certamen literario Manuel Orestes Rodríguez Lopez". www.concelloparadela.es. Consultado o 2019-02-26.
- ↑ 2,0 2,1 "Bases do certame literario Manuel Oreste Rodríguez López." (PDF).
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 13 de maio de 2013.
- ↑ "XVII EDICIÓN CERTAMEN LITERARIO MANUEL-ORESTES RODRÍGUEZ LÓPEZ". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013.
- ↑ "El certamen literario Manuel Orestes de Paradela contó con casi un millar de obras". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-05-09. Consultado o 2019-02-26.
- ↑ "Autores premiados en poesía" (PDF).
- ↑ "Autores premiados en prosa" (PDF).
- ↑ "Autores premiados na XVIII edición" (PDF).
- ↑ "XVII edición do certame". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013. Consultado o 13 de maio de 2013.