Centro Socio-Cultural Manuel Rodríguez López
O Centro socio-cultural Manuel Rodríguez López é un centro con facilidades bibliotecarias e informáticas e espazo social para uso da comunidade situado en Paradela. Está adicado ó poeta, escritor e cronista Manuel Rodríguez López, para o uso da comunidade, e nel celébrase anualmente o Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López.
Historia
[editar | editar a fonte]O centro inaugurouno en 2001 Manuel Fraga Iribarne[1]. A este novo edificio foi onde se trasladou a antiga Casa de Cultura de Paradela adicada a Manuel Rodríguez López, inaugurada no 1990. Dende 1995 lévase celebrando alí o certame que chegou á décimo sétima edición no 2012. A entrega de premios celébrase anualmente en decembro.
Descrición
[editar | editar a fonte]O centro ten unha biblioteca sita no último piso, que se usa como biblioteca de Paradela. Tamén ten un auditorio onde se celebran ocasións de importancia no concello de Paradela. O centro tamén contén unha sala con ordenadores que pode usar o público, e que se pode usar como un lugar social, con xornais, naipes etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.manuelrodriguezlopez.org/sites/manuelrodriguezlopez.org/files/users/adm/pdfs0/06_VI%20edicion.pdf[Ligazón morta] (p.39) Libro de obras premiadas da 6a. edición do certame literario Manuel O. Rodríguez López