Centro Galego de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Centro Galego de Barcelona.

O Centro Galego de Barcelona xorde no 1892 mediante a fusión de distintos grupos e peñas (a Casa de Galicia e a Sociedad Artística como os máis importantes). Comeza co nome de Casa de Galicia, mais a Guerra Civil acaba con el. Rematará por converterse nunha entidade legal no ano 1923 con sede social no edificio de Las Ramblas onde hoxe segue situado. A súa consolidación chega cos Xogos Florais Galegos (1950) co primeiro número da revista Alborada.

A Institución[editar | editar a fonte]

Tivo varios presidentes, primeiramente Santiago Guisán, ademais de Francisco Eyré, que foi un ilustre das Letras Galegas, e Manuel Casado Nieto, que levou a cabo unha extraordinaria labor na biblioteca da entidade ampliando o fondo até uns niveis de que foi unha das bibliotecas de temática galega máis importante do mundo, traballo ao que contribuíu Losada Castro.

Hoxe en día é un centro que pon todo tipo de información á disposición dos socios que son estudantes universitarios, xa sexan de Filoloxía Galega ou non, estudantes de secundaria que procuran información sobre Galicia, así como tamén persoas que preparan o camiño de Santiago.

A emigración de galegos a Barcelona foi moi importante durante o mandato de Francisco Eyré xa que favoreceu o crecemento de socios e actividades do Centro.

Contexto[editar | editar a fonte]

Durante o século XX, a Barcelona industrial atraía a traballadores inmigrantes. Os escasos recursos e a pouca atención das institucións públicas así como o desinterese dos propietarios do alugamento, agravaron os problemas de vivenda da clase traballadora. Así se creou a figura do “realugado” e a proliferación de barrios de infravivenda.

Presidentes ao longo da historia[editar | editar a fonte]

  • José Juncal Verdella
  • Santiago Guisán Pardo
  • Francisco Eyré Fernández
  • Manuel Casado Nieto
  • Francisco Dapena Alfonsin
  • Vázquez Sotelo
  • Daniel Pérez Guerra
  • Manuel Pérez Guerra
  • Manuel Vázquez
  • Ramiro López
  • Luis Lamas
  • Angeles Pérez Guerra
  • Olegario Sotelo
  • Manoel Carrete
  • Carlos Mandianes

Actividades[editar | editar a fonte]

Entre as actividades que desenvolven distinguimos: programación sociocultural (concertos, teatro…), organización de cursos, talleres, música e danza tradicionais, cursos de lingua galega…

Forman parte da institución o coro Lonxe da Terra, pandereteiras Garandela e banda de gaitas de Avoengo.

Ademais, a directiva do Centro comprometeuse cos socios a facer unha publicación mensual na que se informase da vida do Centro e da cultura do país, quedando así a revista Alborada como algo cultural, onde se recollerán conferencias pronunciadas no Centro, mesas redondas e máis traballos literarios. Estas publicacións tiñan dúas funcións, por un lado comunicar os integrantes do Centro e por outro facer publicidade dos comercios galegos en Cataluña. Un dos números que publicou dedicouse ás Letras Galegas, destacando os traballos de Basilio Losada sobre López Ferreiro, outro dedicado ao “Día de Galicia” que inclue un resumo da Constitución da Xunta de Galicia, así como dous poemas inéditos de Augusto Casas. Alén disto, coñecemos un número que tratou sobre o incendio da Biblioteca do centro no que arderon máis de 5000 exemplares galegos de autores como García Sabell, Xoán Naya, Manuel Casado Nieto, Fernando Neyra, Lois Suárez Delgado, Basilio Losada e Francisco Dapena Alfonsín.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]