Retranca (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Retranca
...lerasnos de morto se non nos les de vivo
TipoRevista humorística
Fundación2007
Remata2012
Empresa editoraRetranca Editora
LinguaGalego
ÁmbitoGalicia Galicia
PeriodicidadeMensual

Retranca foi unha publicación humorística mensual galega, publicada desde novembro de 2007 ata o ano 2012, cando a empresa editora quebrou a causa da entrada en concurso de acredores da empresa distribuidora das súas revistas[1] . Estaba dirixida polo deseñador Kiko da Silva.

Características[editar | editar a fonte]

Cada publicación adícábase a un tema concreto (feísmo, Cidade da Cultura de Galicia, tren de alta velocidade, entroido, cambio climático, series televisivas galegas ou bilingüismo en Galiza), pero tamén contaba con seccións fixas.

Colaboraban nela autores como Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Pinto & Chinto, Camilo Franco, Manuel Jabois ou o propio Kiko da Silva.

Desde o número 2 incluíu a publicación en branco e negro A Nosa Pedra, con textos de diversos autores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "COEDIS, a distribuidora que levaba Retranca aos quioscos está en CONCURSO DE ACREEDORES". revistaretranca.blogspot.pt. Consultado o 2018-05-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]