IES Gonzalo Torrente Ballester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "IES Torrente Ballester")

Coordenadas: 42°25′19″N 08°38′28″O / 42.42194, -8.64111

IES Gonzalo Torrente Ballester
IES Torrente Ballester.jpg
Enderezo
Rúa Herminia Fariña Cobián 10, Pontevedra
Datas
Creación 1989
Edificio actual 1990
Educación
Ensinanzas Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato; ciclo superior de Proxectos de edificación
Xestión
Tipo público
Titularidade Xunta de Galicia
Na rede
Web
ies.torrente.ballester@edu.xunta.es

O Instituto de Ensino Secundario Gonzalo Torrente Ballester[1] é un centro pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Pontevedra. Leva o nome do escritor Gonzalo Torrente Ballester. Está situado ao sur da cidade. Nel impártese Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e o ciclo superior de Proxectos de edificación.

Historia[editar | editar a fonte]

O IES Gonzalo Torrente Ballester foi creado como tal no curso 1989-1990. Con todo, o centro escolar non se inaugurou até xaneiro de 1990, polo que o primeiro trimestre dese curso se impartiu nas instalacións do IES A Xunqueira II.

O instituto acolle alumnado do concello de Pontevedra mais tamén de concellos veciños como Vilaboa, Soutomaior ou Marín. Ten tres centros adscritos atendendo á procedencia académica do alumnado: o CEIP A Carballeira de Lourizán, o CEIP San Martiño e o CEIP de Cabanas de Salcedo.

Docentes neste centro son ou foron Francisco Calo Lourido, Luís Bará, Manuel Lourenzo González e María Victoria Moreno, quen doou ao centro a súa biblioteca persoal, de 4 500 volumes, incluídas varias edicións e uns 150 estudos de Don Quijote[2]. .

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]