Lucía Aldao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lucía Aldao
Lucia Aldao by Anton Lopez Bazarra.jpg
Nacemento 20 de febreiro de 1982 (35 anos)
Lugar A Coruña Galicia Galicia
Nacionalidade España
Ocupación poeta e artista
Xéneros Poesía
editar datos en Wikidata ]

Lucía Aldao, nada na Coruña o 20 de febreiro de 1982, é unha poetisa e artista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciada na poesía durante a adolescencia, o seu éxito levouna a estender as súas actividades, levando unha carreira paralela como cantante e guitarrista mutante, guionista e animadora cultural[1].

Desde o ano 1998, viaxou polo país ofrecendo recitais de poesía. En 2005, xuntouse coa tamén poetisa María Lado [2] para darlle forma ao espectáculo poético denominado Onde estea un cubata que se quite un soneto. En 2006 chegou Poeta de mierda, xunto coa actriz Pepa Yáñez, e seguiu experimentando coa poesía ao vivo baixo o nome Moita poesía, pouca diversión, así como en recitais colectivos como A hostia en verso, Merendacea ou Vendo a miña alma (poxa de poetas). O 10 de abril de 2015 participou na primeira edición do ciclo O Alfabeto Híbrido (celebrado na sede da Fundación Luis Seoane, na Coruña), xunto á María Lado co seu proxecto poético-humorístico-musical chamado Aldaolado, contando coa actuación previa de Santiago Auserón (Juan Perro)[3][4].

Colaborou xunto co actor Carlos Blanco no espectáculo Dillei, e no programa da TVG Somos unha potenzia, ambos dirixidos por este. Exerceu de presentadora para as galas Acústico feminino e Poesía e ciencia. Formou parte do proxecto musical alDDao, xunto co artista e músico Diego Delgado, que comezou coa gravación dunha versión do She's Lost Control, de Joy Division. Foi asidua colaboradora das performances de Maribolheras precárias.

Coordinou os certames literarios Curtis treme, Curtis mon amour e Happy Curtis para o Concello de Curtis. Participou tamén cunha colaboración poética os domingos no programa Tres peixes voando, da Radio Galega.

Ten colaborado en publicacións como A Xanela, O Ollo Público ou La Bella Varsovia.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Unha ducia máis un, 2005. Con fotografías do arquitecto Luis Muñoz.

Antoloxías e obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios literarios[editar | editar a fonte]

Espectáculos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lucia Aldao e María Lado no evento Poesía Alimentaria
  2. "María Lado y Lucía Aldao inauguran mañana el ciclo de poesía ´En femenino´" (en castelán). una pieza híbrida y poco convencional en la que se mezcla la poesía desenfada, la música y el performance 
  3. La Voz de Galicia, de 31-3-2015.
  4. La Opinión, de 11-4-2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]