Saltar ao contido

Maribolheras precárias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maribolheras precárias
Tipogrupo activista
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Maribolheras precárias, abreviado ás veces como MBP, é un grupo activista "queer" coruñés. Os seus compoñentes pretenden un xeito de entender a militancia dentro dos movementos antiglobalización, alternativos e de esquerda que defende que a reivindicación non impide o divertimento. Ademais de celebrar actos antimilitaristas e de liberación homosexual, organizan tamén os chamados maripicnics e Maribingos.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Este colectivo forma unha rede intermitente nas súas actividades, activa e múltipla. No grupo coinciden performers, escultoras, DJs, oleiras, fotógrafas, deseñadoras e activistas que denuncian a homofobia, o monopolio do heterosexismo e a precariedade de maneira directa, festiva e radical, buscando un estilo de vida alternativo e espazos propios para o seu desenvolvemento.

En contraposición co movemento LGTB (gais, lesbianas, transexuais e bisexuais), non son un colectivo formalizado nin un grupo de presión, senón que buscan a intervención a través da arte e a sociedade, ó xeito dos inicios do ACT UP. A pesar de que omiten a vía da política oficial (incluíndo redes estatais de colectivos gais, de igualdade ou de política social), en cambio, si pode considerarse que teñen unha actuación política no sentido de que promoven unha denuncia da homofobia, defenden unicamente como lexítima a supervivencia individual e social e reivindican a diversidade.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • As + perralheiras é unha publicación gratuíta trimestral, que leva editados do número 0 ó 4[cando?].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]