Saltar ao contido

Estíbaliz Espinosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEstíbaliz Espinosa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1974 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, música, poetisa, astrónoma afeccionada Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1170408 Bitraga: 1463 AELG: 211 BUSC: espinosa-rio-estibaliz-1974 Dialnet: 2400718 Bandcamp: estibalizespinosa Editar o valor en Wikidata

Estíbaliz Espinosa Río, nada na Coruña o 6 de xullo de 1974, é unha poeta, ensaísta, tradutora, cantante e comunicadora de ciencia galega. Fusiona de xeito único a poesía, a ciencia e o canto. Licenciouse pola Universidade da Coruña en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro poemario en galego é Mecánica Zeleste (1999).[1] onde xa apunta temas como a astronomía e a rebeldía poética. Publicou Pan (libro de ler e desler) (2000), –orama (2002) e Número e (2004), un ciclo con textos que aluden á ciencia, ao íntimo, á procura da identidade e a unha relación poética coa matemática. Neste conxunto hai referencias á ollada, á hibridación con outras ciencias e artes, e toca aspectos como a perspectiva de xénero, os contos de fadas ou a astronomía dende un sentido profundamente filosófico.

Zoommm.Textos biónicos (2007/2009) e Papel a punto de (2011) son obras poéticas experimentais sobre a bioloxía, a ciencia, a lingua e o sistema literario.[2][3]

No poemario Curiosidade (2017), ilustrado por Celsius Pictor [4] , consolida esta reflexión, ás veces con ironía, arredor da ciencia, a lingua, o xénero e a maternidade.[5]

No poemario ...as neuronas irmás... (2018) tratou temas como a a conciliación do ser humano no cosmos, a bioloxía e a intelixencia artificial, e a sociopolítica familiar en torno ao dó pola morte dun ser querido.[6]

Participa en revistas de ámbito nacional e internacional, como Dorna, Grial ou Strange Horizons.[7][8]

Literatura, ciencia, música

[editar | editar a fonte]

Pioneira na dirección de iniciativas de poesía, ciencia e música en galego como O entrelazamento, Porto ciencia/Porto poema. A Coruña polímata, A ciencia do poema, Coruña Curiosa (Concello da Coruña, 2020, 2021, 2022, 2023 ao abeiro das axudas de libre concorrencia e transparencia para artistas locais), As curiosas: son de letras+ciencias (Concello da Coruña, Xerminal, 2018, iniciativa de libre concorrencia), Curiosas na Lúa (Deputación da Coruña, 2019, Premio Luísa Villalta de ideas, de libre concorrencia), Escrita no ceo (Planetario da Coruña, 2014), Pinte un bisonte na caverna, por favor. Literatura e novas tecnoloxías (2007-2008, Centro On, Caixa Galicia) ou Novembro Estelar (Política Lingüística, Xunta de Galicia, 2021, 2022).[9]

É unha voz convidada a numerosos festivais literarios nacionais e internacionais (Cosmopoética, Norte de Gales, La Mediterrània, Bowery Poetry Club, Nova York, Festival de Ecopoesía, Festival Nudo), científicos (Naukas Coruña, A fotografía 51, Coruña Comunica Ciencia) e musicais (Gratia Plena).[10]

Codirixiu e presentou Ulalume, un programa literario na radio independente Cuac FM (1996-2001).

Na rede é escritora e administradora de varios blogs ...mmmm...[11] [...], abra la cápsula, por favor.[12] e sagasomos [13] e o Laboratorio da palabra.

Gravou audiopoemas (Instituto Cervantes de Nova York, El Gaviero, 2005), audiolibros propios [14] e podcasts [15]

Traballou como actriz en varias obras de teatro e ópera (Peter Pan, O club da calceta, Don Giovanni, Evgeni Onegin, Turandot). É cantante profesional, con tesitura de mezzosoprano e soprano. Cantou no coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e Aisis e desenvolve traballo profesional como solista de jazz, música galega e canto lírico [16]

Traballou no proxecto de poesía en planetarios Urban Travel Machines, coordinado por Philip Meersman, en Anveres, Bruxelas e A Coruña.[17]

Caricatura de Estíbaliz Espinosa.

Estilo literario e crítica

[editar | editar a fonte]

Na súa poética hibrida ciencia, filosofía e música, cun estilo literario perspicaz e moi recoñecible que combina a reflexión anovadora, o pensamento crítico e unha retranca ou ironía características da tradición literaria galega.

Está recoñecida como unha das voces máis potentes e singulares da literatura galega actual por críticos e xornalistas literarios como Mario Regueira, Montse Dopico, César Lorenzo ou Ramón Nicolás.[18] Malia este recoñecemento de excelencia tanto crítico como lector, é das autoras máis subrepresentadas nos medios de comunicación.[19]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]
  • Mecánica zeleste (1999).
  • Pan (libro de ler e desler) (Sociedad de Cultura Valle-Inclán, 2000).Premio Esquío 1999
  • -orama (Deputación de Pontevedra, colección Tambo, 2002). Inclúe o Premio de Novos Creadores Díaz Jácome 2001
  • Número e (Espiral Maior, 2004). Premio Espiral Maior 2001
  • Zoommm. Textos biónicos (A Regueifa Plataforma (descarga libre en www.aregueifa.net), 2007. Publicado como libro en Xerais no 2009).
  • Curiosidade (Aira Editorial, 2017). Ilustrado por Celsius Pictor. [20]
  • ...as neuronas irmás... (XV Premio de Poesía Afundación-Pen Clube, 2018)
  • Constelación Maruja que muta noutras (Galicia Futura, Cidade da Cultura, 2021). Ilustrado por Miguel Robledo [21]
  • Curiosas na Lúa (Deputación provincial da Coruña e A Curiosa, 2020)
  • Poesía hexágono (Apiario Editorial, 2014)
  • Cápsulas de son. 13 relatos sobre científicas (iBooks, 2015).

Tradución

[editar | editar a fonte]
  • A illa curiosa e a tradución do universo, VV AA (Col. Cíes, Deputación provincial de Pontevedra, 2016)
  • Cómo escribir una canción de amor, de Sholeh Wolpé (Olifante, 2016)
  • O universo de Dona Pega, de Juan Carlos Medal, Jaítos (7emilias e Concello da Coruña, 2022)
  • Un compromiso co asombro, de Rebecca Elson (Galaxia Editorial, 2023)

Con outras artes

[editar | editar a fonte]
  • Vídeopoema Neuronas a ceo aberto (Galicia Futura, Cidade da Cultura, 2021), realizado por Lucía Estévez
  • Audiolibro Constelación Maruja da plaquette poética sobre Maruja Mallo (Cidade da Cultura, 2021)
  • Vídeopoema río invisible. Vía Láctea Dirixido por Juan Lesta
  • Vídeopoema sobre Antonia Ferrín No xardín nocturno de Antonia
  • Gustav Henningsen. O danés curioso en Ordes (aCentral Folque, 2018) Libro de fotografía
  • A catro mans con [Samuel L. París] Formigas nos pantalóns (2013)
  • Calendario de Ceos Galegos Astrofotografía 2021, 2022, 2023, 2024

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • Caer de cu polo universo (Apiario, 2015).
  • Abominables adorables (7emilias e Concello da Coruña, 2022; reeditado por Baía Edicións, 2023)
  • Canto Cosmos (Edicións Embora, 2024). Ilustrado por Clara Cerviño.
En 2018 en Pontevedra.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • O libro dos abanos (palabras no aire) (Follas Novas, 2002).
  • XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível (S. C. D. Condado, 2002).
  • Mujeres de carne y verso (La Esfera, Madrid, 2002). Edición bilingüe galego-castelán.
  • Poesía Galega Contemporánea III 1975-2000, La Voz de Galicia. Edición bilingüe galego-castelán.
  • Sprache ist alles...(Ed. Klett-Cotta, Stuttgart)
  • Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
  • Negra Sombra (Espiral Maior, 2003).
  • Das sonorosas cordas (Eneida, Madrid, 2005).
  • O desafío das ondas (Autoridade Portuaria da Coruña, 2005).
  • Que la fuerza te acompañe/May the force be with you (Salamandria, 2005).
  • Son de poesia (Edições Fluviais, Lisboa, 2005).
  • Do máis fondo do silencio saen voces (Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña, 2006).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
  • A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008).
  • Letras novas (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008).
  • Erato bajo la piel del deseo (Sial Ediciones, 2010).
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011), libro electrónico.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (AELG, 2011), libro electrónico.
  • As que rubimos montañas (2012, Meubook/Implicadas).
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
  • Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas (2014, Apiario).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • Papel a punto de (2011). El Gaviero.
  • Ana la Gaviera (2014). El Gaviero.

Traducións

[editar | editar a fonte]

En alemán

[editar | editar a fonte]
  • Sprachbuch (2003). Ernst Klett Sprachen.[22]

En inglés

[editar | editar a fonte]
  • Supernatural Tongue (2016). Tradución ao inglés de Lawrence Schimel. Strange Horizons.[8]

En italiano

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 Efe (2011-07-24). "La coruñesa Estíbaliz Espinosa gana el premio Semana Negra de poesía". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2024-03-12.
  2. "Papel a punto de".
  3. "Zoommm.Textos biónicos".
  4. "Celsius Pictor".
  5. Nicolás, Ramón (2018-03-22). "Curiosidade, de Estíbaliz Espinosa". Caderno da crítica. Consultado o 2024-03-12.
  6. "'As neuronas irmás', de Estíbaliz Espinosa". Diario Cultural. Consultado o 2024-03-12.
  7. "Estíbaliz Espinosa". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-02-19.
  8. 1 2 October 2016, Lawrence Schimel Issue: 31 (2016-11-01). "supernatural tongue". Strange Horizons (en inglés). Consultado o 2024-03-12.
  9. "Curiosas youtube".
  10. "Naukas Coruña Curiosidade polo Dark".
  11. "estibaliz espinosa".
  12. ":: abra la cápsula, por favor ::". :: abra la cápsula, por favor :: (en castelán). 2014-05-30. Consultado o 2024-03-12.
  13. ":: sagasomos ::".
  14. "Música e audiolibros".
  15. "Entrelazas".
  16. "Estibaliz Espinosa bandcamp".
  17. "Urban Travel Machines".
  18. "Dor, beleza, ciencia".
  19. "Parlamento das letras Estibaliz Espinosa".
  20. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018.
  21. "Constelación Maruja" (PDF).
  22. "Sprachbuch". www.klett-sprachen.de (en alemán). Consultado o 12/03/2024.
  23. "L´Europa dei giovani". CLEUP sc - Cooperativa Libraria Editrice Università di Padova (en italiano). Consultado o 2024-03-12.
  24. "Entrega del XV Premio de Poesía Afundación a Estíbaliz Espinosa". Afundación TV (en castelán). Consultado o 2024-03-12.
  25. "Estíbaliz Espinosa gaña o certame literario Modesto R. Figueiredo dotado con 1.000 €". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-27.
  26. "Premio "Luísa Villalta" a proxectos pola igualdade". www.dacoruna.gal. Consultado o 2024-03-12.
  27. "Os Premios Alfredo Iglesias recoñecen a nove persoas no eido cultural e social o día 16 en Teo". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2023-01-11.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]