Lombardía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lombardia»)
Modelo:Xeografía políticaLombardía
Lombardia (it) Editar o valor em Wikidata
Vista aérea
Imaxe

Nomeado en referencia aLangobardia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°39′N 9°57′L / 45.65, 9.95Coordenadas: 45°39′N 9°57′L / 45.65, 9.95
EstadoItalia Editar o valor em Wikidata
CapitalMilán Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.067.494 (2019) Editar o valor em Wikidata (421,88 hab./km²)
Lingua usadaLingua lombarda
lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie23.863,65 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación 1 de xaneiro de 1948Rexión de Italia Editar o valor em Wikidata
Santo padrónAmbrosio de Milán Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Lombardy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• President of Lombardy (en) Traducir Editar o valor em WikidataAttilio Fontana (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoRegional Council of Lombardy (en) Traducir Circunscrición: 12, (Escano: 80) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Catro Motores de Europa (1988–)
Climate Alliance (en) Traducir (1997–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2IT-25 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSITC4 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT03 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webregione.lombardia.it Editar o valor em Wikidata

A Lombardía[1][2] (en lombardo: Lumbardia, en italiano: Lombardia) é unha das vinte rexións de Italia. Con preto de dez millóns de habitantes é a rexión máis poboada da República. Situada entre os Alpes e o val do Po, limita ao norte con Suíza (cantón Tesino e os Grisóns), ao oeste co Piemonte, ao leste co Véneto e o Trentino-Tirol do Sur e ao sur coa Emilia-Romaña. A súa capital é Milán.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Brusimpiano, ás beiras do Lago Lugano
Pico Piz Bernina (4.055 m)

A superficie da Lombardía divídese case a partes iguais entre a chaira (que representa preto do 47% do territorio) e as zonas montañosas (que representan o 40%). O restante 13% da rexión é zona de outeiros. Morfoloxicamente, a rexión divídese en catro partes: unha estritamente alpina, outra montañosa ou de outeiros, outra chá subdividida en alta e baixa e finalmente a área ao sur do río Po. A zona de montaña máis importante é a zona alpina que inclúe os Alpes Lepontinos e Réticos, co pico Piz Bernina que acada os 4.055 msnm, os Alpes Bérgamo, os Ortles e os macizos Adamello, seguida por unha zona de contrafortes dos Prealpina, que inclúen os picos de Grigna (2.410 m), Resegone (1.875 m) e Presolana (2.521 m). Os grandes lagos lombardos, todos de orixe glaciar, atópanse nesta zona. De oeste a leste, estes son o lago Maggiore, o Lago de Lugano (só unha pequena parte é italiana), o Lago de Como, Lago Iseo, Lago de Idro, e o lago de Garda, o máis grande de Italia. Outras montañas de menor importancia atópase ao sur do Po, nos Apeninos.

O clima é continental, aínda que con variacións dependendo da altitude ou a presenza das augas continentais. O carácter continental do clima é máis acentuado nas chairas, con altas oscilacións térmicas anuais (en Milán a temperatura media en xaneiro é de 1,5 °C e en xullo de 24 °C), sendo características as espesas néboas entre outubro e febreiro. Así pois en xeral os invernos son bastante fríos (as temperaturas poden chegar a mínimos de -11 °C) e os veráns calorosos (non é difícil atopar zonas que superen os 35 °C), húmidos e moderadamente chuviosos, por exemplo as zonas próximas aos lagos teñen un clima semellante ao mediterráneo, o cal permite o cultivo de oliveiras. As precipitacións son máis frecuentes nas zonas prealpinas (até 1.500 - 2.000 mm anuais) que nas chairas e as zonas dos Alpes (de 600 a 850 mm anuais).

Historia[editar | editar a fonte]

A Corona Ferrea, coroa dos reis lombardos

Ao longo da historia foron moitos os pobos que pasaron pola actual Lombardía, entre os que se poden destacar os etruscos, os celtas ou galos, que precederon aos romanos, que chegaron á rexión no século III a.C. Nos últimos anos do Imperio romano, a relativa veciñanza co Danubio favoreceu numerosas incursión de pobos bárbaros no territorio lombardo e coa definitiva caída do occidente romano, alternáronse a posesión do territorio os ostrogodos e os bizantinos.

Entre os anos 559 e o 774 os bizantinos foron substituídos polos longobardos, un pobo procedente da Escandinavia, que converteron a Lombardía no centro do seu reino, sendo Pavia a súa capital. No 774 o rei dos francos, Carlomagno, foi chamado a Italia polo Papa, o cal estaba ameazado polos longobardos. Xunto co seu exército entrou en Pavia, e Carlomagno fixo prisioneiro ao rei longobardo Desiderio, dando comezo ao dominio dos francos na Lombardía. Carlomagno dividiu as terras en feudos e os subordinou á administración de nobres da súa confianza, chamados "vasalos" (en italiano "vasalli"), que gobernaron o territorio no seu nome, dando inicio á estrutura política que caracterizou o alto medievo.

Entre os séculos XII e XIV diversas cidades lombardas estiveron baixo control de familias aristocráticas, as máis potentes foron os Gonzaga en Mantua e os Sforza en Milán. Os representantes destes nobres chamaron aos artistas máis famosos que embeleceron as súas pertenzas e as cidades. A Lombardía enriqueceuse así con marabillosas obras de arte como o castelo Sforzesco de Milán. Dende a fin do século XV a Lombardía volve converterse en terra de conquista: primeiro chegaron os franceses, sendo cedida despois aos españois que se mantiveron bastante tempo. Durante esta dominación a rexión coñeceu, despois dun primeiro período de prosperidade, unha progresiva decadencia, agravada no século XVII pola epidemia da peste.

En 1706 foi herdada polos austríacos, aínda que case un século despois foron expulsados por Napoleón Bonaparte, que dominou a rexión durante vinte anos. Despois da caída de Napoleón, en 1815 restabeleceuse o goberno austríaco, na forma de estado-monicreque chamado Reino da Lombardía-Venecia. Por mor do Movemento de Independencia Lombardo (en italiano: Movimento d'Independenza Lombarda) a rexión converteuse nun dos centros intelectuais que conducen á unificación italiana, sendo a rexión o centro de feroces loitas durante trinta anos, que terminaron en 1859, cando a Lombardía é definitivamente liberada da ocupación estranxeira e anexada ao Reino de Italia. A partir de finais do século XIX, e cun grande auxe despois da segunda guerra mundial, a Lombardía confirmou o seu status como a zona economicamente máis desenvolvida de Italia.

Demografía[editar | editar a fonte]

Milán
Brescia

Con preto de dez millóns de residentes a Lombardía é a rexión máis populosa de Italia e está entre as primeiras de Europa, cunha poboación por encima da de países como Austria, duplicando a norueguesa e moi preto das grandes rexións europeas como Renania do Norte-Westfalia, Baviera, Illa de Francia ou Baden-Württemberg, que superan os dez millóns de habitantes. Os lombardos supoñen o 16% da poboación italiana e viven no 7,9% do territorio, dando orixe a unha densidade demográfica próxima aos 400 hab./km², só superados en densidade pola Campania. A provincia máis poboada é a de Milán, seguida da de Brescia e Bérgamo, mentres que a menos habitada é a de Sondrio.

A inmigración foi o factor máis significativo no eido demográfico nesta rexión no último século. O aumento de cinco millóns de habitantes, principalmente na posguerra, ten orixe sobre todo na inmigración doutras rexións italianas (noroeste e sur). A poboación estranxeira presente na Lombardía (665.884 habitantes en 2006) constitúe case a cuarta parte do total italiano, representando o 6,3% do total da poboación lombarda. Dende os últimos anos do século XX, na Lombardía e en Italia, ten comezado un fluxo migratorio procedente de países non europeos, particularmente africanos, asiáticos e suramericanos, así como de Europa oriental. A presenza humana no territorio caracterízase por unha ter pouca uniformidade, dado que se concentra entre as provincias de Varese, Como, Lecco, Milán e Bérgamo. Este territorio ten máis de 6,5 millóns de habitantes e é un continuo urbano chamado città infinita. As cidades máis importantes da rexión son:

# Cidade Provincia Poboación
1 Milán Milán 1 303 670
2 Brescia Brescia 190.044
3 Monza Monza e Brianza 121.445
4 Bérgamo Bérgamo 115.645
5 Como Como 84.083
6 Varese Varese 81.990
7 Busto Arsizio Varese 81.431
8 Sesto San Giovanni Milán 81.033

Economía[editar | editar a fonte]

Galería Vittorio Emanuele II, coñecida zona comercial de Milán.

A Lombardía está considerada unha rexión altamente industrializada, provindo esta imaxe da revolución industrial, que se produce na Lombardía no século XIX e que se incrementa co grande auxe económico da posguerra. Así pois é a rexión máis rica de Italia e está entre as rexións con maior renda per cápita da Unión Europea. O PIB lombardo (con 254.447 millóns de euros) é superior ao de países como Arabia Saudita, Noruega, Suráfrica, Arxentina ou Portugal.

A economía lombarda caracterízase polo desenvolvemento dunha ampla variedade de sectores, dende os máis tradicionais como a agricultura ou a gandería á industria pesada e lixeira, pasando polo sector terciario, que experimentou un forte auxe nas últimas décadas. A industria florece en múltiples sectores, particularmente nas áreas metal-mecánica, electrónica, siderúrxica, téxtil, química e petroquímica, farmacéutica, alimentaria, editorial, do calzado e mobiliaria. Destacar que Milán é a súa provincia representan máis do 40% da industria lombarda. No terciario é importante o peso do comercio e das finanzas, en Milán ten a súa sede a Bolsa italiana, que está entre as principais prazas financeiras europeas, e a Feira de Milán (en italiano: Fiera di Milano). O turismo, xa sexa urbano, artístico, ou de montaña e lagos, ten un peso cada vez maior.

Administración e política[editar | editar a fonte]

Goberno[editar | editar a fonte]

A política da Lombardía ten lugar nun marco dunha democracia representativa presidencial, mediante o cal o Presidente do Goberno Rexional (Presidente della Regione) é o xefe de goberno, e dun multi-pluriforme sistema de partidos. O poder executivo é exercido polo Goberno Rexional (Giunta Regionale). O poder lexislativo reside no goberno e o Consello Rexional (Consiglio Regionale).

O partido demo-cristiá Democrazia Cristiana mantivo unha maioría dos votos e o goberno das máis importantes cidades e provincias até finais de 1980, até que na década de 1990, escándalos de corrupción que se estenderon dende Milán a toda Italia, xunto cos problemas causados pola inmigración e o descontento xeral cara ao goberno de Roma, que se considera que favorece excesivamente as rexións menos desenvolvidas do sur de Italia en materia económica, levou a un crecemento repentino do partido separatista da Leiga Lombarda. Hoxe en día, a Lombardía é un bastión de Casa delle Libertà, unha coalición na que se atopa o partido do actual presidente de República, Silvio Berlusconi.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

A rexión está composta por doce provincias, sendo a máis poboada a de Milán e a máis extensa a de Brescia.

Provincia Area (km²) Poboación Densidade
Provincia de Bérgamo 2.723 1 070 060 392,9
Provincia de Brescia 4.784 1 223 900 255,8
Provincia de Como 1.288 582.736 452,4
Provincia de Cremona 1.772 358.628 202,4
Provincia de Lecco 816 334.059 409,4
Provincia de Lodi 782 222.223 284,2
Provincia de Mantua 2.339 407.983 174,4
Provincia de Milán 1.620 3 170 273 1.620
Provincia de Monza e Brianza 364 783.750 2.088
Provincia de Pavia 2.965 535.948 180,7
Provincia de Sondrio 3.212 181.841 56,6
Provincia de Varese 1.199 868.777 724,6

Cultura[editar | editar a fonte]

Linguas[editar | editar a fonte]

Sinalización bilingüe
Artigo principal: Lingua lombarda.

Na Lombardía, ademais do italiano, fálanse o insubre ou lombardo occidental nas provincias de Varese, Como, Lecco, Sondrio, Monza, Brianza, Milán e Lodi, e o orobico ou lombardo oriental nas provincias de Bérgamo e Brescia, así como no Cremasco e nos concellos do Val de San Martino na provincia de Lecco. Tamén se fala o lombardo meridional de transición co emiliano nas provincias de Cremona e Mantua. Estas linguas pertencen á familia lingüística galoitálica e son faladas en gran parte da rexión, así como en Suíza (no cantón de Tesino) e nas zonas fronteirizas da Lombardía co Piemonte e o Trentino.

O uso do lombardo está estigmatizado nas áreas politicamente pertencentes a Italia ao contrario que nas áreas suízas, onde incluso se emiten algúns programas de radio e televisión na lingua. Ademais a máis importante institución de investigación de dialectos lombardos atópase en Bellinzona, Suíza, o coñecido como CDE (Centro dei dialettologia e dei etnografía).

Monumentos na Lombardía[editar | editar a fonte]

Santa Maria delle Grazie
Mantua
Crespi d'Adda
Duomo de Milán
A rosa camuna, símbolo da Lombardía.

Cinco monumentos da Lombardía están inscritos dentro da lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Santa Maria delle Grazie é unha igrexa e convento dominico que se atopa en Milán, famoso por estar decorado co famoso mural de Leonardo da Vinci "A última cea". Foi inscrito na lista en 1980

Crespi d'Adda é unha vila obreira (villaggio operaio) modelo do século XIX na provincia de Bérgamo á beira esquerda do río Adda. É o exemplo máis interesante en Italia do fenómeno dos barrios obreiros ou vilas para os traballadores. Quedou perfectamente conservado (en particular o seu esquema urbano e a súa aparencia arquitectónica aínda están inalteradas) e constitúe un dos máis completos e orixinais logros do mundo. Está inscrito dende 1995.

Son un conxunto de preto de 300.000 petróglifos sobre roca arenisca de gran moi fino que constitúen a colección máis ampla de arte rupestre de toda Europa. Representan un testemuño extraordinario da civilización dos habitantes da Valcamonica dende o Paleolítico Superior até o século XIX. A súa importancia débese ao feito de que representa o testemuño de 10.000 anos de historia, 8.000 dos cales precedentes ao xurdir de Roma. Forman parte da lista dende 1979.

Incluídos na lista do Patrimonio Mundial en 2003, son unha serie de capelas e doutros elementos arquitectónicos realizados entre finais do século XV e finais do XVII, consagrados a varios aspectos da fe cristiá. Ademais do seu significado relixioso simbólico, son tamén dunha grande beleza grazas á hábil integración dos elementos arquitectónicos nas paisaxes naturais rodeadas de outeiros, fragas e lagos. Conteñen tamén obras de arte moi importantes baixo a forma de frescos e de estatuas.

No ano 2008 as cidades de Mantua e Sabbioneta (a uns 35 km da capital provincial) foron inscritas como lugar Patrimonio da Humanidade por representar ámbolos dous aspectos diferentes do plan urbanístico do Renacemento. En concreto, Mantua mostra a renovación e a extensión dunha cidade preexistente, cun esquema irregular con partes regulares que mostran as diferentes etapas do seu crecemento, dende a época dos romanos até o Renacemento pasando pola Idade Media.

Ademais dos incluídos na lista da UNESCO outros moitos monumentos de sona mundial pódense atopar dentro desta rexión:

A catedral gótica emprazada na capital da rexión é un templo de grandes dimensións, sendo a cuarta catedral católica romana máis grande do mundo. Ten 157 metros de longo e pode albergar 40.000 persoas no seu interior. As xanelas maiores do coro teñen a reputación de ser as maiores do mundo.

É un castelo que se atopa en Milán e que actualmente alberga un museo de arte. A construción orixinal no lugar comezou no século XIV, sendo reconstruído en 1450 por Francisco Sforza, e sucesivamente modificado por xeracións posteriores.

El Teatro alla Scala (tamén coñecido como La Scala) de Milán, é un dos teatros de ópera máis famosos del mundo. Neste teatro estreáronse moitas operas famosas, mantendo unha relación moi especial co compositor Giuseppe Verdi. O tetro ten en total 3.000 asentos distribuídos en 678 postos.

Símbolos[editar | editar a fonte]

O símbolo da rexión é unha rosa camuna sobre un campo verde. Este símbolo é o motivo principal da súa bandeira e refírese a un pobo que marcou o inicio da historia da Lombardía, os Camuni. A utilización do símbolo e do logo que con el se forma está regulamentado por lei, a cal estabelece as súas características e as variedades do seu uso. A bandeira branca cunha cruz vermella dividíndoa é tamén amplamente utilizada na Lombardía. O lema do goberno rexional é Unha rexión para facer.

Deportes[editar | editar a fonte]

Partido do AC Milan

A Lombardía é unha das rexións europeas con equipos que máis vitorias alcanzaron no que a deporte se refire, conquistando os máximos trofeos continentais en diferentes disciplinas tanto en competicións masculinas como femininas. Por exemplo a nivel europeo os equipos lombardos conseguiron os seguintes galardóns:

  • 9 copas de fútbol (A.C. Milan e Inter de Milán), ademais destes dous clubs destacan o Atalanta ou o Brescia Calcio.
  • 13 copas de baloncesto (Varese, Olimpia Milano, Cantù, Sesto San Giovanni e Como)
  • 4 copas de hóckey (Diavoli Milano e Inter Milano)
  • 4 copas de fútbol americano (Lions Bergamo e Frogs Legnano)
  • 3 copas de béisbol (Milán)
Gran Premio de Italia de 1987 celebrado en Monza.

O ciclismo é un deporte moi seguido na Lombardía e son moitas a probas que se acollen anualmente na rexión, Il Lombardía é unha das clásicas máis importantes do calendario internacional igual que a Milán-San Remo, ambas están incluídas dentro dos Monumentos do ciclismo. Existen outras probas de menor entidade, pero tamén importantes, como a Milán-Turín ou o Triptico Lombardo. O Giro de Italia visita case todos os anos esta parte do país.

A Fórmula 1 visita todos os anos a dende a súa creación en 1950 o Autodromo Nazionale di Monza na Lombardía, agás no ano 1980 cando o Gran Premio de Italia celebrouse en Ímola.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lombardo.
  2. Ver entrada de «Pavia». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1590. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]