Ten unha área de 405,49 km², e unha poboación duns 840 000 habitantes (2009). Limita polo norte coa provincia de Lecco e a provincia de Como, polo oeste coa provincia de Varese, e polo oeste coa provincia de Bérgamo e a provincia de Milán, coa que tamén confina polo sur.
Comprende a parte meridional da rexión xeográfico-histórica de Brianza, estendéndose desde Canzo (norte) até a zona de Monza (sur), e desde o río Séveso (oeste) até o río Adda (leste). Polo medio de Brianza transcorre o río Lambro.
Actualmente ten atribuídas as seguintes comunas: Agrate Brianza, Aicurzio, Albiate, Arcore, Barlassina, Bellusco, Bernareggio, Besana in Brianza, Biassono, Bovisio-Masciago, Briosco, Brugherio, Burago di Molgora, Busnago, Camparada, Caponago, Carate Brianza, Carnate, Cavenago di Brianza, Ceriano Laghetto, Cesano Maderno, Cogliate, Concorezzo, Cornate d'Adda, Correzzana, Desio, Giussano, Lazzate, Lentate sul Seveso, Lesmo, Limbiate, Lissone, Macherio, Meda, Mezzago, Misinto, Monza, Muggiò, Nova Milanese, Ornago, Renate, Roncello, Ronco Briantino, Seregno, Seveso, Sovico, Sulbiate, Triuggio, Usmate Velate, Varedo, Vedano al Lambro, Veduggio con Colzano, Verano Brianza, Villasanta, Vimercate