Clásica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coñecense como clásicas as probas ciclistas dun día de duración. Algúns exemplos son a Milán-San Remo, o Tour de Flandres, a París-Roubaix, a Liège-Bastogne-Liège ou o Giro de Lombardía. A estas 5 carreiras se lles denomina os 5 Monumentos, pola súa historia e prestixio. Outras clásicas do calendario internacional son a Amstel Gold Race, a Frecha Valona, a París-Tours, a Clásica de San Sebastián, a Gante-Wevelgem ou a París-Bruxelas.

Entre os especialistas mais laureados neste tipo de carreiras cabe salientar a ciclistas como Eddie Merchx (que gañou 19 Monumentos entre outras clásicas), a Roger De Vlaeminck (que gañou 11 Monumentos), ou a Constante Girardengo, Fausto Coppi, Sean Kelly, Rick Van Looy, Gino Bartali, etc. Algúns clasicómanos mais recentes son Tom Boonen, Paolo Bettini, Fabian Cancellara ou Philippe Gilbert.