Sacri Monti do Piemonte e a Lombardía
Aparencia
Sacri Monti do Piemonte e a Lombardía | |
---|---|
Santuario de Oropa en Biella | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Italia |
Localización | 45°58′28″N 9°10′10″L / 45.97444, -9.16944 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 2003 (27ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1068 |
Os Sacri Monti do Piemonte e a Lombardía son grupos de capelas e doutros elementos arquitectónicos realizados entre finais do século XV e finais do século XVII, consagrados a varios aspectos da fe cristiá nas rexións italianas de Piemonte e Lombardía. Ademais do seu significado relixioso simbólico, son tamén dunha grande beleza grazas á hábil integración dos elementos arquitectónicos nas paisaxes naturais rodeadas de outeiros, fragas e lagos. Conteñen tamén obras de arte moi importantes baixo forma de frescos e de estatuas.
Diferentes Sacri Monti
[editar | editar a fonte]Os nove Sacri Monti son:
- O Sacro Monte ou Nuova Gerusalemme (Nova Xerusalén) de Varallo Sesia (1486), provincia de Vercelli
- O Sacro Monte di Santa Maria Assunta, Serralunga de Crea (1589), provincia de Alessandria
- O Sacro Monte di San Francesco, Orta San Giulio (1590), provincia of Novara
- O Sacro Monte del Rosario, Varese (1598), provincia de Varese
- O Sacro Monte della Beata Vergine, Oropa (1617), provincia de Biella
- O Sacro Monte della Beata Vergine del Soccorso, Ossuccio (1635), provincia de Como
- O Sacro Monte della SS.Trinità, Ghiffa (1591), provincia de Verbano-Cusio-Ossola
- O Sacro Monte Calvario, Domodossola (1657), provincia de Verbano-Cusio-Ossola
- O Sacro Monte di Belmonte, Valperga (1712), provincia de Turín