Provincia de Brescia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País | Italia | ||||
| Rexión | Lombardía | ||||
| Capital | Brescia | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.266.138 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 4.784,36 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 23 de outubro de 1859 | ||||
| Organización política | |||||
| • President of the Province of Brescia (en) | Emanuele Moraschini (2023–) | ||||
| Órgano lexislativo | Provincial Council of Brescia (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 25121–25136 e 25010–25089 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 030, 0364, 035 e 0365 | ||||
| ISO 3166-2 | IT-BS | ||||
| Código NUTS | ITC47 | ||||
| Identificador ISTAT | 017 | ||||
| Sitio web | provincia.brescia.it | ||||
Brescia (Brèsa no bresciano) é unha provincia da rexión da Lombardía, en Italia. A súa capital é a cidade de Brescia.
Ten unha área de 4.784 km2, e unha poboación de 1.109.841 habitantes (2001). Hai 206 municipios na provincia.
Limita polo norte e polo noroeste coa provincia de Sondrio, polo leste coa rexión do Véneto (provincia de Verona) e coa rexión do Trentino-Tirol do Sur, polo sur coa provincia de Mantua, polo sur e polo suroeste coa provincia de Cremona e polo oeste coa provincia de Bérgamo.
Algunhas cidades importantes da provincia son Desenzano del Garda, Montichiari, Ghedi, Manerbio, Orzinuovi, Chiari, Carpenedolo, Rovato, Saló, Iseo, Gardone Val Trompia e Lumezzane.
Importantes centros turísticos da provincia son Sirmione, Desenzano del Garda, Saló e, en xeral, todos os municipios ribeireños do Lago de Garda.
