Lingua suaba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Suabo»)
Suabo
Schwäbisch
Pronuncia:[ʃvæ'bɪʃ]
Falado en: Baden-Württemberg e Baviera, no sur de Alemaña
Total de falantes: ?
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Alemán
    Alemán superior
     Alemánico
      Suabo
Escrita: alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: gsw
ISO 639-3: swg
Mapa
Status
Os dialectos suabos (n° 3) dentro do grupo alemán superior

A lingua suaba[1] fálase no centro e leste de Baden-Württemberg e parte occidental de Baviera, área denominada Suabia. Clasifícase como parte do conxunto alemánico xunto coas linguas de Suíza, Baden-Württemberg, Alsacia e Lorena entre outros.

Os dialectos do suabo (falados no mapa na zona verde n°3) posúen notables diferenzas entre si. Especialmente característica é a diferenza entre as formas do participio perfecto de "ser" (en alemán gewesen): gwä e gsai (= foi en galego). O grupo "gsi" atópase máis próximo ao alemánico de Suíza, oeste de Austria e norte de Italia (no mapa a zona vermella n° 6), polo que se podería dicir que é cambiante de norte a sur.

Características[editar | editar a fonte]

Características notables do suabo son entre outras:

  • as vogais modificadas ö e ü do alemán que tamén poden ser escritas oe e ue son pronunciadas como e e i en suabo. (A pronuncia de ö e ü é ás veces restituída por mor da influencia do alemán).
  • a ditongación das vogais longas î e û do alto alemán medio foi realizado (ao contrario doutros dialectos alemánicos). Con todo, os ditongos creados /ei/ e /ou/ non se funden cos antigos ditongos /oe/ e /ao/, senón que se distinguen claramente. É dicir, no suabo existen pares mínimos como "weis" / "woes" e "d toube" / "dr taobe", que en alemán pronúncianse de forma idéntica (weiß (branco)/weiß (sabe), die Taube (a pomba)/der Taube (o xordo))
  • a pronuncia de "en" como vocal â, que se atopa entre [a] e [ə] segundo a zona
  • a terminación "-âd" de todos os plurais de verbos en presente (verbo facer: mir machâd (galego; nós facemos), ihr machâd (vós facedes), se machâd (eles fan). Estas palabras tamén son así no baixo alemánico.
  • a pronuncia de "st" e "sp" como "scht" ([ʃt]) e "schp" ([ʃp]) (por exemplo Fest (festa), pronúnciase Fescht) ou como "schb" ([ʃb]) e "schd" ([ʃd]) a comezo de palabra (por exemplo Stein (pedra) como Schdoe(n)). Para simplificar, a sch do suabo equivale á x galega, por exemplo, en galego xa é "scho" en suabo (naturalmente pronunciado coma se o escribísemos en galego xo).
  • as consoantes xordas do alemán pronúncianse sonoras se se atopan a metade de palabra (por exemplo schicken en alemán (enviar) é como schiggâ en suabo).
  • os diminutivos en "-le" (pronunciados de forma moi curta, por exemplo Haus (casa), Heisle) ou en "-lâ" en plural (por exemplo Spätzlâ, un tipo de pasta típico da rexión)
  • o uso do perfecto como substituto do imperfecto e do perfecto dobre (i hân gmacht ghet) en lugar do pluscuamperfecto
  • uso xeneralizado da "s" xorda en lugares nos que hai "s" sonora en alemán.

Usos diferenciados do vocabulario[editar | editar a fonte]

Existe un vocabulario propio bastante amplo, pero destacan algunhas palabras que poden producir confusión no seu uso en alemán e o suabo:

  • partes do corpo: Fuß (pé) refírese a toda a perna ata a canela; Rücken (costas) inclúe o cu.
  • animais: a mosca chámase Mugg, fíxense que as dúas gg do suabo sonse como as dous cc en italiano e como a "q" en galego, para recordar despois que as moscas sempre están encima e na contorna das vacas, en italiano á vaca tamén se lle chama mucca, (alemán Stubenfliege); un mosquito Schnôk (alemán Stechmücke; a palabra do alemán emparentada Schnake (despois no inglés usouse snake para a serpe) emprégase para nomear as típulas);
  • verbos de movemento:
    • gângâ (alemán gehen andar; véxase que "gegangen" é andou ou foi en galego, segundo a frase que se aplique) emprégase para indicar o cambio de lugar, "irse" - o "andarse", como un tipo de movemento, dise laufen, que no alemán significa correr; correr dise springen, que no alemán significa saltar; saltar dise hopfâ/hopsâ (no alemán hüpfen) ou juckâ (no alemán jucken significa picar ou aformigar); picar ou aformigar dise beißâ (no alemán beißen significa morder); correr rápido dise sauâ, cuxo imperativo sau tamén significa porco (no alemán sau é porca o mesmo animal en feminino, o masculino en alemán é Schwein).
    • aguantar (coller e aguantar) dise heben (hebâ) que no alemán significa erguer; erguer dise lupfen (lupfâ)
Pancarta publicitaria do goberno rexional Baden-Württemberg
  • nós dise mir, que no alemán significa "a min". Un exemplo é Mir kennât älles, außer Hochdeitsch (Nós podemos todo, agás falar alemán), como dicindo; "falamos o alemán pero é contra a nosa natureza, non queremos", lema do goberno rexional de Baden-Württemberg.

Hochdeutsch equivale a alemán. Para despexar dúbidas, en alemán kennen é coñecer, können é poder, ou sexa, ter capacidade de facer. Véxase que na pancarta o lema está escrito en alemán, non en suabo.

Dialectos[editar | editar a fonte]

As linguas alemánicas

Os dialectos divídense en dous segundo as formas do participio perfecto de "ser", sido:

  • Grupo gwä
    • Baixo suabo no val medio do río Neckar e as rexións lindeiras.
    • Alto suabo en Württemberg ao sur do Danubio e na rexión administrativa de Suabia en Baviera (zona de transición ao grupo gsi, aínda que aquí como gsei, "tede en conta que a ei leeríase en galego como ai").
    • Suabo oriental na rexión oriental de Wurtemberg e na comarca bávara de Danubio-Ries (aproximadamente entre Ulm, Donauwörth, Ellwangen (Jagst) e Schwäbisch Gmünd); pódese considerar como baixo suabo de transición ao alto suabo.
      • Suabo do Ries, é un dialecto con claras resonancias do baixo suabo, pero que se diferenza de forma clara: así, dise do dranna e non do hanna para dicir alí.
  • Grupo gsi
    • Dialecto de Algoia (Allgäuerisch) na zona baixa e oriental do Allgäu; tamén se usa en zonas fronteirizas do Tirol (Lechtal, Außerfern) e Alta Baviera (Lechrain); distínguese claramente dos dialectos baixo alemánicos (zona alta e occidental do Allgäu) pola liña Wiib-Weib (alemá Weib muller)

Individualización local[editar | editar a fonte]

Lingüistas expertos poden rastrexar a procedencia dunha persoa da cordilleira de Schwäbische Alb grazas ao seu dialecto cunha sorprendente exactitude. Para iso é importante a pronuncia da palabra "non" (alemán nicht) como "nedd", "nedda", "edd", "edda", "nitt", "idd", "idda", "itt" ou "itta". Desgraciadamente estas diferenzas están desaparecendo nas xeracións máis novas. A diferenza destes dialectos tamén se mostran en que un falante de Stuttgart apenas entende a alguén proveniente da Schwäbische Alb se este acelérase un pouco. O suabo da cordilleira, o Albschwäbisch caracterízase por unha entonación ou cantilena propia.

Tamén é interesante a diferenciación do suabo falado segundo a relixión do falante. Nos lugares predominantemente protestantes (luteranos) a pronuncia dalgunhas palabras é distinta que en lugares católicos. Thaddäus Troll achacábao ao estilo das prédicas dos diferentes sacerdotes e predicadores. Exemplos:

católico protestante tradución
Lehrer Lährer profesor
Seele Sähle alma
Ehre Ähre honra
Vaddr Vahder pai

Literatura en suabo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]