Pinto (peixe)
Pinto Labrus merula | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Labrus merula, foto tirada en Liguria, Italia | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Labrus merula Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
O pinto,[2] Labrus merula, é un peixe osteíctio mariño da orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos perocideos e familia dos lábridos,[3][4] unha das 4 especies integradas no xénero Labrus, segundo o WoRMS,[5] e a FishBase,[6] ou as 17, segundo o ITIS.[7]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especide foi descrita en 1758 na páxina 288 do Tomo I da súa obra Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Holmiae: Impensis Direct. Laurentii Salvii.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais do nome que lle impuxo Linneo, que é o protónimo, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5][8]
- Labrus limbatus Valenciennes, 1839
- Labrus lineolatus Valenciennes, 1839
- Labrus livens Linnaeus, 1758
- Labrus nereus Risso, 1810
- Labrus psittacus Risso, 1827
- Labrus saxorum Valenciennes, 1839
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero véxase Labrus.
O epíteto específico, merula, é o nome latino do merlo, en alusión á súa coloración escura, que se reflicte nalgúns nomes vulgares en diferentes linguas, como o galego merlo,[9] os cataláns tord negre e grívia negra,[10] ou o francés merle.[11]
Características
[editar | editar a fonte]As principais características morfolóxicas deste peixe son:[12][13][14][15] [16]
- Corpo ovalado, revestido de escamas relativamente grandes, que pode acadar até os 40 ou os 45 cm de lonxitude e até 1 kg de peso.
- Coloración apagada, menos variábel que a doutras especies do xénero, e dependente do hábitat, pode ser parda, morada escura, negra, azulada, verde olivácea ou terrosa, sen bandas nin manchas brancas. O ventre é de cor arxénteo o claro.
- Cabeza ancha, coa fronte lixeiramente empenada, opérculo de bordo liso, boca pequena con labios grosos, e dentes pequenos, cónicos e robustos. As aberturas nasais posteriores son redondas.
- Todas as aletas, exceptuando as pectorais que son transparentes, están bordeadas dun morado intenso que, en época de celo pode ser violeta moi intenso. Os raios das aletas pectorais son pardos ou alaranxados.
- A porción branda da aleta dorsal, sustentada por de 11 a 14 raios, é máis alta que a espiñenta, que presenta de 17 a 19 raios.
- A aleta anal ten 3 raios espiñentos e de 8 a 12 raios brandos. A base da porción branda é algo maior que a súa altura.
- As aletas pelvianas son máis longas que a rexión preorbitaria.
- A aleta caudal ten a marxe posterior pouco arredondada, case recta.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]Labrus merula é unha especie litoral que vive en fondos rochosos e entre algas, a profundidades de entre 1 e 50 m.[14]
Distribución
[editar | editar a fonte]A súa área de distribución vai desde os 46° aos 20 °N, e desde os 32° O aos 36° L, encontrándose no Atlántico oriental, desde Portugal e os Azores até Marrocos, sendo moi común no Mediterráneo.[16][17]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Nutrición
[editar | editar a fonte]Aliméntase de moluscos, crustáceos, vermes mariños e equinodermos.[14][16][17]
Costumes
[editar | editar a fonte]Labrus merula é un peixe territorial de hábitos diúrnos. Os adultos viven escondidos entre as rochas e as algas; os xuvenís pode formaren pequenos cardumes. Adáptanse ben a viviren dentro dos acuarios.[16][17]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Alcanza a madurez sexual aos dous anos de idade e mide entre 15 ou 20 cm de lonxitude. É hermafrodita proteroxínico (cando nacen todos os espécimes son femias) e, cando chegan aos catro anos pasan a seren machos. A reprodución ten lugar durante a primavera. No momento da desova os machos dominan un pequeno territorio a onde acudirán as femias, e constrúen un niño con algas, onde as femias poñen os óvulos, que son custodiados, e fecundados polos machos. Os machos defenden o niño até que os óvulos eclosionan en larvas peláxicas.[16]
Pesca
[editar | editar a fonte]É un peixe común pero tímido, polo que é difícil de pescar.[Cómpre referencia] A súa carne é de forte sabor e medianamente boa, e utilízase xeralmente para preparar sopa de peixe.[16]
En Galicia
[editar | editar a fonte]A primeira cita desta especie en Galicia foi efectuada por Fernando de Buen en 1935, no seu traballo "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abistmos próximos. II parte". Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 89-148.[18]
Nomes galegos
[editar | editar a fonte]O nome máis empregado para denominar esta esta especie en galego é o de pinto, recollido por Ríos Panisse en 34 localidades, seguido de merlón en 9, budión en 6 e merlo nunha.[9]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) non hai ameazas importantes coñecidas para esta especie o que, unido a que está moi estendida no Atlántico nordeste, fai que o seu status se cualifique como LC (pouco preocupante).[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Lamína de Labrus crassus
(= Labrus merula), de 1829 -
Macho reprodutor
-
Femia
-
Vista desde arriba
-
Macho
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pollard, D. (2010): Labrus merula na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 3 de agosto de 2020.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pinto.
- ↑ Labridae Cuvier, 1816 no WoRMS. Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ Labridae no GBIF. Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 Labrus Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ Labrus en FishBase. Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ Labrus, Linnaeus, 1758 no ITIS. Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ Synonyms of Labrus merula Linnaeus, 1758 Arquivado 21 de agosto de 2019 en Wayback Machine. en FishBase. Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ 9,0 9,1 Ríos Panisse, M. C. 1977, p. 334.
- ↑ Labrus merula en Club d'Immersió Biologia. Facultat de Biologia. Universitat de Barcelona. Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ MERLE. 2. ZOOLOGIE. c) P. anal. Poisson marin de la famille des Labres en Méditerranée en Trésor de la Langue Française informatisé. Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ Bauchot & Pras 1982, p. 307.
- ↑ Campbell, A. C. 1979, p. 288.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Rodríguez Villanueva & Vázquez 1994, p. 190.
- ↑ Quignard, J.-P. & A. Pras (1986): "Labridae". p. 919-942. En P. J. P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen & E. Tortonese, eds. Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean. Vol. 2.. París: UNESCO.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 Merlo. Labrus merula en fon fishing. Escuela y guía de pesca (en castelán). Consultado o 9 de agosto de 2020.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 "Labrus merula". www.fishbase.se. Consultado o 2023-05-03.
- ↑ Rodríguez Villanueva & Vázquez 1994, p. 191.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pinto |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pinto |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bauchot, M.-L. (1987): "Poissons osseux", p. 891-1421. in A. W. Fischer, M. L. Bauchot e M. Schneider, eds. Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes e FAO, Roma: Italia.
- Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0685-6.
- Campbell, A. C.(1979): Guía de campo de la flora y fauna de las costas de España y se Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0543-4, páx. 288.
- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, Missouri, USA: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Cheung, W. W. L.; T. J. Pitcher e D. Pauli (2005): "A fuzzy logic expert system to estimate intrinsic extinction vulnerabilities of marine fishes to fishing" Biol. Conserv. 124: 97-111.
- Helfman, G.; B. Collette e D. Facey (1997): The diversity of fishes. Malden, Massachusetts, USA: Blackwell Science Inc. ISBN 978-0-8654-2256-8.
- Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World, 4th Edition. Hoboken, New Jersey, USA: John Wiley & Sons Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Parenti, P. & J. E. Randall (2000): "An annotated checklist of the species of the Labroid fish families Labridae and Scaridae". Ichthyological Bulletin of the J. L. B. Smith Institute of Ichthyology, 68: 1-97.
- Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
- Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I, Invertebrados y peces. Verba. Anuario gallego de filología. Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1994): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-784-6.