Achille Valenciennes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Achille Valenciennes
Achille Valenciennes01.jpg
Nacemento 9 de agosto de 1794
  París
Falecemento 13 de abril de 1865
  París
Nacionalidade Francia
Ocupación zoólogo, ictiólogo e malacólogo
editar datos en Wikidata ]

Achille Valenciennes, nado o 9 de agosto de 1794 en París, e finado na mesma cidade o 13 de abril de 1865, foi un zoólogo francés, especializado en ictioloxía (o estudo dos peixes).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Valenciennes estudou baixo a dirección de Georges Cuvier.

Os seus estudos sobre os vermes parasitos dos humanos constitúen unha etapa importante da historia da parasitoloxía. Estudou tamén diversos sistemas de clasificación e estableceu as relacións entre os fósiles e as especies actuais.

Traballou con Cuvier na monumental obra en vinte e dous volumes Histoire naturelle des poissons (1828-1848), e proseguiu en solitario esta obra despois da morte de Cuvier en 1832.

Foi membro da Academia das Ciencias de Francia desde 1844. Despois desta data, foi asistente no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, onde ensinou zooloxía.

Lista parcial de publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1841. "Aspidophoroide". En: Dictionnaire universel d’histoire naturelle. C. d’Orbigny, dir., vol. 2: 237–238.
  • 1858. "Description d’une nouvelle espèce d’Aspidophore pêché dans l’une des anses du port de l’empereur Nicolas… C. R. Acad. Sci. Paris, v. 47: 1040–1043.

Honores[editar | editar a fonte]

Epónimos[editar | editar a fonte]

  • Acropora valenciennesi, Milne Edwards & Haime, 1860
  • Ophiacantha valenciennesi, Lyman 1879
  • Glossodoris valenciennesi, Cantraine 1835
  • Hypselodoris valenciennesi, Cantraine 1841
  • Lithuaria valenciennesi, d'Hondt 1984
  • Montastrea valenciennesi, Milne Edwards & Haime 1848
  • Symphyllia valenciennesi, Milne Edwards & Haime 1849
  • Oculina valenciennesi, Milne Edwards & Haime 1850
  • Callionymus valenciennei, Temminck & Schlegel 1845 [1]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Valenciennes emprégase para recoñecer a Achille Valenciennes como autoridade na descición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biographische Etymologie mariner Organismen und deren Namen" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Monod T.: "Achille Valenciennes et l'histoire naturelle des poissons", Mélanges ichthyologiques, Mémoire IFAN, núm. 88, 1963-1964, Dakat Publications.
  • Monod T.; Noirot P. & Théodoridès, J. (1967): Achille Valenciennes (Biographie). Éd. du Muséum d'histoire naturelle de Paris, 109 p.
  • Théodoridès, J. (1965): "Une amitié de savants au siècle dernier: Alexander von Humboldt et Achille Valenciennes". Biologie médicale, Fóra de serie, febreiro de 1965, cxxix p.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]