Saltar ao contido

Kiviuq (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kiviuq
Descubrimento[1]
Descuberta por B. J. Gladman e o seu equipo.
Descuberta no 2000
Designación alternativa Saturno XXIV
Características orbitais[2]
Época 2000 Feb. 26.00
Eixo semi-maior 11,111 Gm
Excentricidade 0,3288
Período orbital 449,22 d
(1,23 a)
Inclinación 45,71° *
Características físicas
Diámetro medio 16 km[3] **
Período de rotación ?
Albedo 0,04 [3] asumido
Cor vermello claro
B-V=0,87 R-V=0,66[4]/0,48[5]
Tipo espectral D [5]
*respecto da eclíptica **baseado no albedo

Kiviuq é unha pequena lúa de movemento directo do planeta Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman no 2000, e déuselle a designación temporal de S/2000 S 5.[6][7] No 2003 recibiría o seu nome oficial, procedente da mitoloxía inuit[8], onde Kiviuq é un lendario e heroico Inuk, unha especie de Ulises Inuit. Tivo un vida longa (ou varias vidas), viaxou polo mundo, vivindo toda sorte de aventuras, os detalles cambia con cada contador de contos tradicional de cada localidade.

Órbita e características físicas

[editar | editar a fonte]
Os grupos de lúas irregulares de movemento directo de Saturno: Gallic (vermello) e Inuit (azul)

Esta lúa é membro do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno. Kiviuq ten ó redor de 16 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media de 11,111 millóns de kms en 450 días, coma se pode comprobar, unha orbita moi semellante á de Ijiraq. No diagrama da esquerda pódese ver graficamente a órbita desta lúa en relación coas outras lúas de movemento directo de Saturno, a excentricidade da órbita está representado polos segmentos amarelos que van dende o pericentro ó apocentro. Kiviuq amosa un vermello claro e o seu espectro infravermello é moi semellante ó de Siarnaq e ó de Paaliaq, o cal soporta a tese dunha posible orixe común do Grupo Inuit a partir do esnaquizamento dun corpo máis grande[5][9].

Pensase que Kiviuq está nunha resonancia Kozai, por exemplo, cando ciclicamente se reduce a inclinación orbital, aumenta a excentricidade e viceversa.[10]

  1. Discovery Circumstances from JPL
  2. Mean orbital parameters from JPL
  3. 3,0 3,1 "Scott Sheppard pages". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2003. Consultado o 07 de xullo de 2003. 
  4. Grav, T.; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; Aksnes, K.; Photometric survey of the irregular satellites, Icarus, 166 (2003), pp. 33-45
  5. 5,0 5,1 5,2 Grav, T.; and Bauer, J.; A deeper look at the colors of Saturnian irregular satellites
  6. IAUC 7521: S/2000 S 5, S/2000 S 6 18 de novembro do 2000 (descubrimento)
  7. MPEC 2000-Y14: S/2000 S 3, S/2000 S 4, S/2000 S 5, S/2000 S 6, S/2000 S 10 19 de decembro do 2000 (descubrimento e efemérides)
  8. IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus 8 de agsoto do 2003 (bautizo da lúa)
  9. Gladman, B. J.; Nicholson, P. D.; Burns, J. A.; Kavelaars, J. J.; Marsden, B. G.; Holman, M. J.; Grav, T.; Hergenrother, C. W.; Petit, J.-M.; Jacobson, R. A.; e Gray, W. J.; Discovery of 12 satellites of Saturn exhibiting orbital clustering, Nature, 412 (12 de xullo do 2001), pp. 163–166
  10. Ćuk, M.; e Burns, J. A.; On the Secular Behavior of Irregular Satellites, The Astronomical Journal, Vol. 128 (2004), pp. 2518-2541

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]