Karnataka
कर्नाटक (mr) கருநாடகம் (ta) కర్ణాటక (te) കർണാടക (ml) ಕರ್ನಾಟಕ (kn) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | India | ||||
Capital | Bangalore | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 61.130.704 (2011) (318,74 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua kanaresa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 191.791 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de novembro de 1956 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe de estado | Thawar Chand Gehlot (en) (2021–) | ||||
Órgano executivo | Karnataka Legislative Assembly (en) (Escano: 225) | ||||
• Chief Minister of Karnataka (en) | Siddaramaiah (en) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Karnataka Legislature (en) , | ||||
PIB per cápita | 220.000.000.000 $ (2017) | ||||
ISO 3166-2 | IN-KA | ||||
Páxina web | karnataka.gov.in | ||||
Karnataka (ಕರ್ನಾಟಕ, tamén coñecido como Karunāḍu), escrito Carnataca en portugués, antigamente Estado de Mysore /maɪˈsɔːr/, é un estado da rexión suroeste da República da India. É o sexto estado indio máis grande por área.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Administración
[editar | editar a fonte]Formouse como Estado de Mysore o 1 de novembro de 1956, coa aprobación da Lei de Reorganización dos Estados, e renomeouse como Karnataka en 1973. O estado formaba parte da rexión carnática (Carnatic region) na terminoloxía británica. A súa capital e cidade máis grande é Bangalore (Bengaluru).
Prehistoria, historia e cultura
[editar | editar a fonte]Karnataka, con raíces no paleolítico, desde o século III a. C. albergou a grandes imperios, pasando pola India antiga e medieval. Dos Hoysalas e Chalukyas até os Vijayanagara, seguidos polos mogois no século XVII e os británicos no século XVIII, esta rexión viu unha rica fusión cultural. Filósofos e músicos patrocinados por estes imperios impulsaron movementos socio-relixiosos e literarios que continúan vivos hoxe en día.
Karnataka contribuíu significativamente a ambas as formas de música clásica india, as tradicións carnática e hindustani.
Relixión
[editar | editar a fonte]A maioría da poboación segue o hinduísmo, con numerosos templos e lugares sagrados espallados polo Estado. Tamén hai unha significativa presenza do islam, especialmente notada en lugares como Bijapur. A presenza dos navegantes portugueses que seguían as rutas das especias desde tempos de Vasco da Gama e Afonso de Albuquerque e a Vella Goa, e do navarro Francisco Xabier en 1545 levaron o cristianismo a Karnataka, hoxe visible nas zonas costeiras, como os arredores de Mangalore. Hai tamén unha historia asociada co xainismo, con monumentos como as estatuas de Gommateshwara en Shravanabelagola. Aínda que menor en número, tamén hai comunidades budistas, sikh e algunhas outras relixións tradicionais.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten unha superficie de 74 122 millas cadradas (191 980 km2). É maior que Siria pero máis pequeno que Senegal. Na xeografía tradicional india, forma parte da zona sur. Ten 31 distritos. Segundo o censo de 2011, ten unha poboación de aproximadamente 61,1 millóns.[2] O actual ministro xefe do Estado é Siddaramaiah do Congreso Nacional Indio.[3] [4]
Karnataka limita co mar de Lakshadweep e mar Arábigo ao oeste, Goa ao noroeste, Maharashtra ao norte, Telangana ao nordeste, Andhra Pradesh ao leste, Tamil Nadu ao sur e Kerala ao suroeste. Topográficamente, Karnataka está formada pola costa do mar Arábigo, os Ghats occidentais, a meseta de Deccan e os Ghats orientais. É o único estado do sur que ten fronteiras terrestres cos outros catro estados irmáns do sur da India. O estado ocupa unha superficie de 191 791 km2 (74 051 sq mi), ou 5,83% da área xeográfica total da India.[1]
O Xardín Botánico de Lalbhag, Badami e as fervenzas de Jog son algunhas das atraccións turísticas máis coñecidas de Karnataka.
Cidades
[editar | editar a fonte]Bangalore é a capital de Karnataka. Tamén é coñecida como a capital informática da India. Mysore, Mangalore, Hubli-Dharwad, Kalaburgi e Hospet son as outras grandes cidades de Karnataka.
Lugares para ver en Karnataka son Bangalore, Mysore, Hampi, Bijapur, Belur/Halebid, Shivamogga, Sannati (Yadgir) e Shravanabelagola.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía de Karnataka é a quinta maior entre os Estados da India en produto interior bruto e un PIB per cápita de ₹ 305.000 rupias. Karnataka ocupa o posto décimo quinto máis alto entre os Estados indios no Índice de Desenvolvemento Humano.
Demografía
[editar | editar a fonte]Con 61.130.704 habitantes no censo de 2011, Karnataka é o oitavo estado por poboación, que comprende 31 distritos. É máis populoso que moitos Estados nación do mundo, incluíndo Italia, España ou Corea do Sur.
Linguas
[editar | editar a fonte]O kannarés, unha das linguas clásicas da India, é a lingua máis falada e oficial do Estado. Outras linguas minoritarias que se falan inclúen urdú, konkani, marathi, tulu, támil, telugu, malayalam, kodava e bearés.[5] Karnataka tamén contén algunhas das únicas aldeas da India onde se fala principalmente sánscrito.[6] [7]
Gañou o maior número de premios Gnanpith ou Jnanpeeth (oito), que se conceden a escritores.[8]
Topónimo
[editar | editar a fonte]Aínda que se suxeriron varias etimoloxías para o nome Karnataka, a xeralmente aceptada é que Karnataka deriva das palabras kannaresas karu e nādu, que significan "terra elevada". Karu Nadu tamén se pode ler como karu, que significa "negro" e nadu, que significa "rexión", como unha referencia ao solo de algodón negro que se atopa na rexión de Bayalu Seeme do estado. Os británicos usaron a palabra Carnatic, ás veces Karnatak, para describir os dous lados da India peninsular, ao sur de Krishna.[9]
Símbolos estatais de Karnataka
[editar | editar a fonte]-
Coracias benghalensis, ave provincial de Karnataka.
-
Elefante indio, símbolo de Karnataka.
-
Folla de sándalo, símbolo oficial.
-
Loto (Nelumbo nucifera), símbolo do Estado de Karnataka.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Census Data 2001". censusindia.gov.in.
- ↑ "Census Karnataka". census2011.co.in.
- ↑ "Siddaramaiah Chief Minister, DK Shivakumar Deputy: Congress' 3 AM Breakthrough". NDTV.com. Consultado o 2023-08-17.
- ↑ "Karnataka government formation". The Hindu (en inglés). 2023-05-18. ISSN 0971-751X. Consultado o 2023-08-17.
- ↑ "Languages of Karnataka - Languages Spoken in Karnataka - Local Languages of Karnataka". www.bharatonline.com. Consultado o 2023-08-17.
- ↑ https://facebook.com/detechter (2017-09-24). "Seven Indian villages where people speak in Sanskrit". Detechter (en inglés). Consultado o 2023-08-17.
- ↑ "Five Indian villages where sanskrit is spoken". Centre for Traditional Education (en inglés). 2023-08-08. Consultado o 2023-08-17.
- ↑ "Jnanpith ; Home". jnanpith.net. Consultado o 2023-08-17.
- ↑ Véxase a vida de Clive por Lord Thomas Macaulay e James Talboys Wheeler: Early History of British India, Londres (1878) p.98.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: India |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karnataka |