Chhattisgarh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Chhattisgarh (en hindi: छत्तीसगढ़ : Chatīsgaṛh, literalmente: Trinta e seis fortes) é un estado da República da India. A súa capital é Raipur. Está situado no centro do país, limitando ao norte con Uttar Pradesh e Jharkhand, ao leste con Odisha, ao sur con Telangana e ao oeste con Maharastra e Madhya Pradesh. Foi fundado o 1 de novembro de 2000, a partir dunha anaco de Madhya Pradesh.

Idioma[editar | editar a fonte]

A lingua chhattisgarhi, pertencente á familia das linguas indoarias, é a predominante na rexión. Os distritos máis montañosos de Chhattisgarh son o lar do pobo dos gondi, que falan un idioma pertencente á familia das linguas dravídicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]