Kerala
കേരളം (ml) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | India | ||||
Capital | Thiruvananthapuram (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 34.523.726 (2017) (888,34 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua malayalam | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 38.863 km² | ||||
Bañado por | Mar Arábigo | ||||
Punto máis alto | Anamudi (pt) (2.695 m) | ||||
Punto máis baixo | Kuttanad (−2 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de novembro de 1956 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | unicameralidade | ||||
• Xefe de estado | Arif Mohammad Khan (pt) (2019–) | ||||
Órgano executivo | Council of Ministers of Kerala (en) | ||||
• Chief Minister of Kerala (en) | Pinarayi Vijayan (en) (2016–) | ||||
Órgano lexislativo | Kerala Legislative Assembly (en) Circunscrición: 140, (Escano: 140) | ||||
Moeda | rupia india | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IN-KL | ||||
Sitio web | kerala.gov.in | ||||
Kerala (en malabar ou malayalam: കേരളം) é un Estado da República da India situado no suroeste do país. A costa oeste dá ao mar de Arabia. Limita ao leste con Tamil Nadu e con Karnataka ao norte.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A capital estatal é Thiruvananthapuram തിരുവനന്തപുരം Tiruvanantapuraṁ, tamén coñecida como Trivandrum), aínda que a cidade de Kochin é máis densamente poboada. A área de Kerala é de 15.005 mi2 (38.863 km2), que é máis extenso que Bután pero menor que Suíza. Na xeografía tradicional india, forma parte do sur da India.
Distritos
[editar | editar a fonte]Hai 14 distritos en Kerala: Alappuzha, Ernakulam, Idukki, Kannur, Kasaragod, Kollam, Kottayam, Kozhikode, Malappuram, Palakkad, Pathanamthitta, Thiruvananthapuram, Thrissur e Wayanad.
Lingua
[editar | editar a fonte]A lingua oficial do Estado é malayalam, que é falada ou lida por máis do 90% da poboación.[1]
Unha mestura de inglés e malayalam chámase "manglish", e é usado con moita facilidade e fluidez por algunha xente de Kerala.
Cultura
[editar | editar a fonte]Kerala é coñecida polas artes tradicionais e a xente goza da música chea de percusión tradicional. Tamén están moi presentes na cultura de Kerala as cerimonias tribais, as artes marciais e deportes como fútbol, cricket e bádminton. Kerala é popular por Kalaripayattu, unha forma de artes marciais e Kathakali, unha arte escénica hindú.
A maioría da poboación ten acceso a internet, televisións, xornais e libros. A cantidade media de lecturas semanais é dunhas sete horas. A taxa de alfabetización é de aproximadamente o 96,2%, polo que é a rexión máis alfabetizada da India.[2]
Símbolos provinciais de Kerala
[editar | editar a fonte]-
O tucano é a ave símbolo de Kerala
-
O elefante indio é o animal terrestre símbolo de Kerala
-
O cocoteiro (cocos nucifera) é a árbore símpolo de Kerala.
-
A canafístula, chuvia imperial ou casia imperial (Cassia fistula), é a flor símbolo de Kerala.
Festivais [3]
[editar | editar a fonte]-
Theyyam de Kerala.
As festas máis famosas realizadas pola xente de Kerala son Onam, o festival da colleita e Vishu, o calendario malayalam do ano novo. Ademais destes, diversos templos e igrexas celebran festivais en varios días do ano. Unha tradición común en todas estas festas é a "celebración da bandeira sagrada", que se baixa o último día da festa. Algúns festivais do templo chámanse poorams, e o máis famoso entre estes é "Thrissur Pooram". Os principais atractivos dos poorams son os fogos artificiais, formas de baile tradicionais como "Theyyam, Kathakali, Chakyar Koothu etc. Os festivais son coñecidos localmente como utsavams.[4]
Turismo
[editar | editar a fonte]Kerala é unha das maiores atraccións turísticas da India, tanto para os indios como para os estranxeiros.
A rexión é coñecida pola súa natureza diversa, e ten numerosas praias na costa de Malabar, estacións de montaña e amplos remansos.
Agricultura
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kerala's literacy rate up by 3%, says Aksharalaksham survey". The Times of India. 2018-01-25. ISSN 0971-8257. Consultado o 2024-10-30.
- ↑ "Kerala most literate state at 96.2% in new report, Andhra, Rajasthan worst performers". India Today (en inglés). 2020-09-08. Consultado o 2024-10-30.
- ↑ "10-most-famous-festivals-of-Kerala". Way to India.
- ↑ "Utsavam - The Kerala Folklore Festival 2021, Kerala, India". Utsavam (en inglés). Consultado o 2024-10-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: India |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |