Chandigarh
| ਚੰਡੀਗੜ (pnb) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| País | India | |||
| Territorios da Unión | Chandigarh | |||
| Capital de | ||||
| Contén a división administrativa | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 1.055.450 (2011) | |||
| Lingua usada | Bauria (en) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 114 km² | |||
| Altitude | 350 m | |||
| Creación | 1953 | |||
| Organización política | ||||
| • Xefe do goberno | Vijayendrapal Singh (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 160017 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 172 | |||
| Sitio web | chandigarh.gov.in | |||

Chandigarh, tamén chamada "A Cidade da Beleza", é unha cidade da India e un territorio de unión (union territory), porque é a capital de dous Estados indios: o Panxab e Haryana.
Historia
[editar | editar a fonte]Chandigarh xurdiu materialmente en 1952 cando se puxo a súa primeira pedra. É unha das cidades modernas da India, deseñada polo arquitecto e urbanista francés Le Corbusier. Foi a "cidade soñada" do 1º Primeiro ministro da India, Sh. Jawahar Lal Nehru.
Como territorio non pertence a ningún dos dous Estados. Antes do 1 de novembro de 1966 era a capital do Panxab Oriental, pero despois da formación de Haryana o 1 de novembro de 1966 converteuse nun territorio de unión.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]Hai moitos lugares turísticos en Chandigarh, como o xardín de rochas, o xardín de rosas e o lago Sukhna, e de interese arquitectónico e urbanístico, como o complexo do Capitolio Chandigarh, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2016.
Economía
[editar | editar a fonte]É coñecida pola súa formación cultural mixta e o seu rápido desenvolvemento no campo das tecnoloxías da Información e a comunicación. Ten puntos de venda de moitas empresas multinacionais establecidas aquí e está emerxendo como un centro de desenvolvemento empresarial. O territorio abarca unha superficie de 44 mi² ou 114 km², é máis extenso que a illa Montserrat pero menor do que a illa de Jersey.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Etimoloxicamente, Chandi significa "bo", e ghar significa "fogar", polo que o significado literal do nome da cidade significa "Bo fogar".
Símbolos territoriais de Chandigarh
[editar | editar a fonte]-
O bucerótido Hornbill gris indio (Ocyceros birostris), ave simbólica territorial
-
Herpestes edwardsii, animal mamífero simbólico territorial
-
Mangifera indica, árbore simbólica territorial
-
Butea monosperma, flor símbolo territorial de Chandigarh
