Carlos IX de Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos IX de Suecia
Karl IX.jpg
Rei de Suecia
Período1604 - 1611
AntecesorSixismundo
SucesorGustavo II Adolfo
Datos persoais
Nacemento4 de outubro de 1550
 Estocolmo
Falecemento30 de outubro de 1611
 Nyköping
PaiGustavo I de Suecia
NaiMargarida Leijonhufvud
CónxuxeMaría do Palatinado-Simmern
Cristina de Holstein-Gottorp
FillosCatarina de Suecia
Gustavo Adolfo de Suecia
María Isabel de Suecia
Carlos Filipe Vasa
RelixiónLuteranismo
editar datos en Wikidata ]

Carlos IX (sueco: Karl IX; 4 de outubro de 1550 - 30 de outubro de 1611) foi o rei de Suecia dende 1604 ata a súa morte. Foi o fillo máis novo do rei Gustavo I e a súa segunda muller, Margarida Leijonhufvud, irmán de Eric XIV e Xoán III, e tío de Sixismundo, que foi rei tanto de Suecia como de Polonia. Por desexo do seu pai conseguíu, por apanaxe, o Ducado de Södermanland, que incluía as provincias de Närke e Värmland; aínda que non tomou posesión del ata despois da caída de Eric e a sucesión ao trono de Xoán en 1568.

Os reis suecos Eric XIV (1560-1568) e Carlos IX (1604-1611) tomaron os seus números segundo unha ficticia Historia de Suecia. El realmente era o terceiro rei sueco chamado Carlos.[1]

Chegou ao trono defendendo a causa protestante durante a época cada vez máis tensa de disputas relixiosas entre as diferentes faccións do cristianismo. En pouco máis dunha década estas disputas acabarían iniciando a guerra dos Trinta Anos. Eses conflitos xa causaran a disputa dinástica que depuxo ao seu sobriño e converteuno en rei de Suecia.

O seu reinado marcou o comezo do capítulo final da reforma e a contrarreforma. Coa morte do seu irmán en novembro de 1592, o trono de Suecia pasou ao seu sobriño e aliado dos Habsburgo Sixismundo de Polonia e Suecia. Durante eses tensos momentos políticos, Carlos víu alarmado a herdanza do trono da Suecia protestante polo seu devoto católico romano curmán. Debido a iso seguiron varios anos de controversia relixiosa e discordia.

Durante o período, el e o consello de goberno sueco dirixiron o país no nome de Sixismundo mentres este estaba en Polonia. Despois de varios preliminares, o Riksens ständer forzou a Sixismundo a abdicar en favor de Carlos IX en 1595. Este feito inaugurou case sete décadas de guerras esporádicas xa que ámbalas dúas liñas da Dinastía de Vasa continuaron intentando refacer a unión entre os tronos polaco e sueco.

Probablemente, o resultado dinástico entre Suecia e Polonia agravou e radicalizou as posteriores accións ds príncipes católicos nos estados xermánicos como foi o Edicto de Restitución. De feito, empeorou a política europea abandonando a resolución de eventos por vías diplomáticas durante o sanguento episodio que foi a guerra dos Trinta Anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nordisk familjebok (ed.). "Karl". Consultado o 23 de xuño de 2018. 
Rei de Suecia

Segue a:
Sixismundo III de Polonia
Carlos IX de Suecia
Precede a:
Gustavo II Adolfo
Vasa