José Ignacio Peleteiro
Jota Peleteiro | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | José Ignacio Peleteiro Ramallo | ||
Nacido | 16 de xuño de 1991 (29 anos) | ||
Lugar | A Pobra do Caramiñal | ||
Altura | 1.80 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Aston Villa | ||
Número | 23 | ||
Carreira xuvenil | |||
2000–2004 | Xuventude Aguiño | ||
2004–2010 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2012 | Celta de Vigo B | 68 | (22) |
2011–2014 | Celta de Vigo | 4 | (0) |
2012–2013 | → Castilla (cedido) | 3 | (0) |
2013–2014 | → Eibar (cedido) | 35 | (11) |
2014–2017 | Brentford | 47 | (11) |
2016–2017 | → Eibar (cedido) | 18 | (0) |
2017–2019 | Birmingham City | 72 | (8) |
2019– | Aston Villa | 5 | (0) |
Selección nacional | |||
2016– | Galicia | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: Actualizado a 27 de outubro de 2019. Selección: Actualizado a 27 de outubro de 2019.[ editar datos en Wikidata ] | |||
José Ignacio Peleteiro Ramallo, coñecido no mundo do deporte como Jota[1], nado na Pobra do Caramiñal o 6 de xuño de 1991, é un futbolista galego. Xoga de mediapunta, e o seu equipo actual é o Aston Villa FC da Premier League inglesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Iniciouse no Xuventude Aguiño de Ribeira, onde xogou até ser infantil de segundo ano. Nunha edición do torneo de fútbol base Vigo cup chamou a atención dos responsables da canteira do Celta, e fichou polo equipo celeste[2].
Coa canteira celeste gañou a liga xuvenil e acadou o subcampionato da Copa de Campións de Liga Xuvenil 2008/09, perdendo a final ante o Fútbol Club Barcelona. En abril de 2010 firmou un contrato profesional co equipo para as cinco seguintes tempadas[3].
No verán en 2010 realizou a pretemporada co primeiro equipo en Melgaço, e esa tempada pasou a xogar co filial, adestrado por Milo Abelleira. En decembro comezou a adestrar co primeiro equipo, dirixido por Paco Herrera. O 29 de xaneiro de 2011 debutou na segunda división fronte ao Barça B.
Selección galega[editar | editar a fonte]
Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1). [4]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Mantén dende o ano 2013 unha relación coa modelo sevillana Jessica Bueno. No 2015 anunciaron que casarían a finais de ano.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ficha en www.celtavigo.net". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2011. Consultado o 06 de febreiro de 2011.
- ↑ «Traballo para chegar ao primeiro equipo a próxima campaña», entrevista en La Voz de Galicia, 26 de decembro de 2010.
- ↑ "El Celta renueva a Abelleira, y a los canteranos Carlos David y Jota"[Ligazón morta], artigo en Xornal de Galicia, 20 de abril de 2010. (en castelán).
- ↑ Pardo, Miguel (21 de maio de 2016). "Galicia brilla e promete continuidade na festa do fútbol da terra". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1991
- Nados na Pobra do Caramiñal
- Centrocampistas de fútbol
- Futbolistas da provincia da Coruña
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do SD Eibar
- Xogadores do Brentford FC
- Xogadores do Birmingham City FC
- Xogadores do Aston Villa FC
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia