Enrique de Lucas
Enrique de Lucas | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Enrique de Lucas Martínez | ||
Nacemento | 17 de agosto de 1978 (44 anos) | ||
Lugar de nacemento | L'Hospitalet de Llobregat | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Ferran Martorell | |||
Barcelona | |||
1995–1996 | Espanyol | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1996–1998 | Espanyol B | 68 | (24) |
1998–2002 | Espanyol | 91 | (16) |
2001 | → Paris SG (cedido) | 4 | (0) |
2002–2003 | Chelsea | 25 | (0) |
2003–2007 | Alavés | 127 | (19) |
2007–2009 | Murcia | 57 | (7) |
2009–2010 | Cartagena | 38 | (11) |
2010–2013 | Celta de Vigo | 98 | (21) |
2013–2014 | Hércules | 24 | (4) |
2015 | Biggleswade United | 3 | (0) |
Selección nacional | |||
1995 | España sub-16 | 7 | (1) |
1998–1999 | España sub-21 | 4 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Enrique de Lucas Martínez, nado en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 17 de agosto de 1978, é un ex-futbolista español que xogaba de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xogou desde mozo nas categorías inferiores do RCD Espanyol. En 1997 xa formou parte do primeiro equipo. Debutou en Primeira División o 15 de maio de 1998, nun partido entre o Real Valladolid e o RCD Espanyol (0–0). Con este equipo gañou a Copa do Rei 1999–00.
Tras un breve paso en 2001 pola Liga francesa co Paris Saint-Germain FC en calidade de cedido, regresou de novo ao Espanyol. Na tempada 2001–02 conseguiu a súa marca persoal de goles, facendo 7 tantos.
Na tempada 2002–03 xogou co Chelsea FC na Premier League. Na tempada 2003–04 foi contratado polo Deportivo Alavés, equipo co que conseguiu o ascenso á Primeira División na tempada 2004–05.
Na campaña 2007–08 fichou polo Real Murcia. Na súa primeira tempada alí o equipo non conseguiu o obxectivo marcado, a permanencia en Primeira, e ao final da tempada descendeu á Segunda División. Na tempada 2008–09 o equipo rematou no 14º posto.
En agosto de 2009 fichou polo FC Cartagena, no regreso do equipo cartaxinés á Segunda División, co que completa unha excelente tempada marcando once goles e quedando ás portas do ascenso a Primeira División.
O 24 de xuño de 2010, o secretario técnico do Celta de Vigo, confirmou a De Lucas como primeira fichaxe para a tempada 2010–11.[1]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Nunca foi internacional coa selección absoluta, aínda que si coa selección sub-15, sub-16, sub-18 e sub-21.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Espanyol
- Copa do Rei: 1999–00
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ""Quique de Lucas: gol, calidade e experiencia para o Real Club Celta"". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2010. Consultado o 08 de xullo de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1978
- Nados en L'Hospitalet de Llobregat
- Futbolistas de Cataluña
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do RCD Espanyol B
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do Paris Saint-Germain FC
- Xogadores do Chelsea FC
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do Real Murcia
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Hércules CF
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores do Biggleswade United FC