José Luis Mendilibar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
José Luis Mendilibar
Mendilibar 2.JPG
Información persoal
Nome completoJosé Luis Mendilibar Etxebarria
Nacemento14 de marzo de 1961 (57 anos)
LugarZaldibar, España
Altura1,72 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualEibar (adestrador)
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1979–1982Bilbao Athletic
1982–1985Logroñés
1985–1993Sestao276(32)
1993–1994Lemona
Adestrador
1994–1996Arratia
1996–1999Athletic Club (cadetes)
2001–2002Aurrerá
2002–2004Lanzarote
2004–2005Eibar
2005Athletic Club
2006–2010Valladolid
2011–2013Osasuna
2014Levante
2015–Eibar
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Luis Mendilibar Etxebarria, nado en Zaldibar (Biscaia) o 14 de marzo de 1961, é un ex futbolista español e actual adestrador de fútbol. Xogaba de centrocampista. Actualmente adestra o SD Eibar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Mendilibar iniciouse no fútbol xogando no Bilbao Athletic até 1982. Foi contratado polo CD Logroñés por tres tempadas, até que en 1985 foi contratado polo Sestao Sport Club, equipo no que xogou durante sete campañas. A tempada 1993–94 foi a súa derradeira campaña como futbolista, xogando para o SD Lemona. Nunca chegou a competir en Primeira División.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Tras retirarse dos terreos de xogo, Mendilibar iniciouse como adestrador en 1994 como técnico do Arratia, club no que permaneceu dous anos. En 1996 foi contratado polo Athletic Club para dirixir as súas categorías inferiores, posto que deixará en 1999. Tras dous anos sen adestrar, foi contratado en 2001 para dirixir ao CD Aurrerá de Vitoria, club no que permaneceu unha tempada.

En 2002 foi contratado polo UD Lanzarote, co que logra acadar a fase de ascenso a Segunda División ese mesmo ano. Na tempada 2003–04 o equipo realiza a mellor campaña da súa historia, quedando na primeira posición. En 2004 foi contratado polo SD Eibar, co que estivo a piques de lograr o ascenso a Primeira División. Grazas á labor realizada, o Athletic Club faise cos seus servizos de cara á tempada 2005-06, mais a mala racha de resultados provocaron a súa destitución antes do final da primeira volta.

No verán de 2006 foi contratado polo Real Valladolid, convirtíndose no ecuador do campionato dese mesmo ano como líder destacado da Segunda División e conseguindo matematicamente o ascenso a Primeira a falta de 8 xornadas para a conclusión do campionato. O 1 de febreiro de 2010 foi destituído como adestrador do Valladolid, sendo substituído por Onésimo Sánchez, adestrador do filial.[1]

O 14 de febreiro de 2011 anunciouse a súa contratación polo CA Osasuna, en substitución de José Antonio Camacho.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]