Saltar ao contido

Helsinki-halli

Helsinki-halli
Helsinqui Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Helsinki-halli (fi) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Hartwall Areena (fi)
Helsinki Halli (fi)
Hartwall Arena (en)
Veikkaus Arena (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Lista do elemento
Deporte
 Deporte
Implicados
 Propietario/a
Gennady Timchenko (en) Traducir (2013 - )
Roman Rotenberg (en) Traducir (2013 - ) Editar o valor en Wikidata
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
19 de abril de 1997 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
19 de abril de 1997 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Capacidade
 13.506 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Enderezo
Areenankuja 1, 00240 Helsinki Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/03kw1w Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: helsinkihalli Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Helsinki-halli (anteriormente chamado Hartwall Arena) é un pavillón multiúsos situado no barrio de Keski-PasilaKeski-Pasila, na cidade de Helsinqui, Finlandia. O pavillón recibe o seu nome do seu principal patrocinador, a empresa de bebidas Hartwall, que ten a súa sede na capital finlandesa. Un dos seus principais usos é para partidos de hóckey sobre xeo, sendo a casa do Jokerit, equipo que compite na SM-liiga (máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés).

Características

[editar | editar a fonte]

O edificio ten forma elíptica de 153 metros de longo e 123 metros de ancho. 37 metros baixo o chan hai unha pista de adestramento empregada por varios equipos de hóckey sobre xeo.

A capacidade máxima para partidos de hóckey sobre xeo é de 13.349 espectadores. O pavillón pode transformarse para acoller diversos eventos, modificándose a súa capacidade: para eventos deportivos oscila entre os 10.000 e os 14.000 espectadores para o baloncesto, para concertos a capacidade máxima é de 13.000 espectadores, mentres que para teatro a capacidade do recinto redúcese a 3.000 ou 5.000 espectadores. Conta cun aparcadoiro con capacidade para 1.421 vehículos.

A idea idea de construír o pavillón foi de Harry "Hjallis" Harkimo en 1994. Foi construído para acoller o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo en 1997 e a súa construción finalizou o 11 de abril de 1997.

O Hartwall Arena foi a sede do Festival de Eurovisión 2007 entre o xoves 10 de maio de 2007 e o sábado 12 de maio de 2007.

Hartwall Arena acolleu en varias ocasión partidos inaugurais da NHL. Os Carolina Hurricanes e os Minnesota Wild inauguraron a tempada 2010–11 da NHL no pavillón os días 7 e 8 de outubro de 2010 como parte dos201 Compuware NHL Premiere Games.[1] Na tempada 2011-12 da NHL o Hartwall Arena acolleu novamente o partido inaugural da NHL, que enfrontou aos Anaheim Ducks e aos Buffalo Sabres o 7 de outubro de 2011.[2] Antes deste partido, os Anaheim Ducks xogaron un partido amigable fronte ao Jokerit no mesmo escenario o 4 de outubro, que finalizou cun marcador de 4 goles a 3 no tempo extra favorable aos estadounidenses.

Entre o 4 e o 20 de maio de 2012, o Hartwall Arena foi a sede principal do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2012, acollendo todos os partidos do Grupo A, varios partidos de cuartos, as semifinais e a final, mentres que o Ericsson Globe de Estocolmo acolleu os encontros do Grupo B e algúns partidos de cuartos. No Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2013 foi co-sede xunto co Ericsson Globe, mais desta vez as semifinais e a final disputáronse na capital sueca.

  1. NHL.com, ed. (11 April 2011). "Premiere 2011 teams, locations revealed".